Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Viena (Wein en alemán, Vienna en inglés, Dunaj en eslovaco, Vindobona en época romana), é a capital de Austria.
Como capital do Imperio Austrohúngaro medra expectacularmente, pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2.000.000 en 1910. Durante esa época constrúense grandes palacios arredor da Ringstrasse, perímetro da muralla medieval reconvertida a amplo bulevar. Actualmente ten unha poboación aproximada de 1,6 millóns. Durante a Segunda Guerra Mundial foi bombardeada polos Aliados e ata 1955 permaneceu dividida (como o resto do país), do lado oeste cos americanos e do leste cos soviéticos. Está situada a 50 quilómetros de Bratislava (capital de Eslovaquia) e ata a cidade chega unha ampla rede de autoestradas intereuropeas, facendo moi sinxelas as comunicacións con Alemaña, Praga (Chequia) e Eslovenia. A maioría da poboación é católica. Crúzaa o río Danubio e é coñecida por ser orixe de numerosos compositores ("A capital da música").
O palacio de Schönbrunn, residencia de verao dos emperadores austríacos