Xogos Olímpicos de 1900
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da II Olimpíada | |
---|---|
París 1900 | |
Estados Participantes | 24 |
Atletas | 997 |
Eventos | 95 en 19 deportes |
Cerimonia de Apertura | 14 de maio |
Cerimonia de Clausura | 28 de outubro |
Apertura oficial | |
Local | Velódromo de Vincennes |
Os II Xogos Olímpicos da Era Moderna realizáronse en 1900, en París, Francia, terra natal do seu creador, o Barón Pierre de Coubertin. Infelizmente, por cuestións políticas, os Xogos foron integrados na Exposición Universal de París, unha grande feira mundial de comercio realizada por Francia na época, e por ter sido diluídos ó longo de máis de catro meses, entre o 14 de maio e o 28 de outubro, non tiveron ningunha relevancia, sendo unanimemente considerados un fracaso.
Oficialmente, en Francia, as olimpíadas remataron bautizadas como Concurso Internacional de Exercicios Físicos e de Deportes, e os participantes chegaron a imaxinar todo menos que participaban nunha celebración deportiva, tantas eran as actividades paralelas nas artes e no comercio ofrecidas pola feira. Alén diso, París non posuía ningún complexo deportivo olímpico e as probas de atletismo disputáronse no medio dos bosques e árbores do Bois de Boulogne e a natación en plena corrente do río Sena.
O Comité Olímpico Internacional tivo pouca influencia na condución destes Xogos, competendo á organización da Exposición Universal a organización dos eventos. Como a organización consideraba o deporte unha actividade secundaria, as diferentes modalidades foron espalladas polos diversos locais da Exposición e moitas veces con clasificacións canto menos curiosas. Nomeadamente, a organización clasificou a ximnasia na sección de "deporte escolar para nenos", esgrima na sección de "coitelería" e remo na sección de "socorrismo".
Adicionalmente, ó longo da Exposición Universal e concorrentemente coas modalidades olímpicas realizáronse eventos en moitos outros deportes, tais como motonáutica, carreiras en globo, natación subacuática, natación con obstáculos e tiro ós pombos, que non foron recoñecidos como modalidades olímpicas, polo que eses eventos non se consideran parte dos Xogos Olímpicos de 1900.
Por mor da grande confusión que foi a organización dos Xogos da II Olimpíada, o número de participantes (e mesmo de modalidades) varía largamente dacordo con diferentes fontes. Dacordo co Comité Olímpico Internacional participaron 997 atletas, representando 24 estados e competindo en 20 modalidades. En fútbol, soga-tira, polo, remo e tenis, competiron equipos mixtas, compostos por atletas de diferentes nacións.
[editar] Curiosidades
- A pesares do fracaso, estes Xogos pasan á posteridade como os da estrea das mulleres nas Olimpíadas, cun total de 22 atletas nas modalidades de cróquet, equitación, golf, tenis e vela.
- A inglesa Charlotte Cooper tornouse a primeira campioa olímpica da historia, en Tenis, no torneo de simples feminino e en duplas mixtas. Charlotte, entón vencedora do xa prestixioso Torneo de Wimbledon, conquistou as súas vitorias xogando con saia longa, camisa de manga comprida e gravata listrada.
- Debido á pésima organización, o vencedor da maratón, Michel Théato, funcionario dunha panadaría, tivo a súa vitoria disputada polos adversarios e só foi confirmado como campión olímpico doce anos despois, cando recibiu a súa medalla. Théato, dado como francés, foi anos despois recoñecido como de nacionalidade luxemburguesa. Mais o COI, oficialmente, non recoñece a súa medalla de ouro para Luxemburgo, e no cadro oficial dos Xogos de 1900, coloca esta medalla como francesa. Así, como única medalla olímpica de ouro de Luxemburgo permanece a conquistada polo medio fondista Josy Barthel, nos 1500m dos Xogos de Londres, en 1948.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Francia | 26 | 41 | 34 | 92 |
2 | Estados Unidos | 19 | 14 | 14 | 47 |
3 | Reino Unido | 15 | 6 | 9 | 30 |
4 | Equipo mixto | 6 | 3 | 3 | 12 |
5 | Suíza | 6 | 2 | 1 | 9 |
6 | Bélxica | 5 | 5 | 5 | 15 |
7 | Alemaña | 4 | 2 | 2 | 8 |
8 | Italia | 2 | 1 | 0 | 3 |
9 | Australia | 2 | 0 | 3 | 5 |
10 | Dinamarca | 1 | 3 | 2 | 6 |
Hungría | 1 | 3 | 2 | 6 |
Obs: Equipos mixtos, na época permitidos, de diversos países europeos mesturados a norteamericanos e australianos, gañaron 6 medallas de ouro, 3 de prata e 3 de bronce, no Atletismo, Polo, Vela (deporte), Remo, Soga-tira e Tenis.