Xogos Olímpicos de 1932
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da X Olimpíada | |
---|---|
Os Ánxeles 1932 | |
Estados Participantes | 37 |
Atletas | 1048 |
Eventos | 116 en 14 deportes |
Cerimonia de Apertura | 30 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 14 de agosto |
Apertura oficial | Presidente Charles Curtis |
Juramento do Atleta | George Calnan |
Local | Coliseo d'Os Ánxeles |
Os Xogos Olímpicos de 1932 foron realizados n'Os Ánxeles, nos Estados Unidos, entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1332 atletas, sendo 126 mulleres, representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.
Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que tiña sobrevivido economicamente ó Crac da Bolsa de Nova York. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que os anteriores, mais os Xogos tiveron unha grande calidade técnica, coa quebra de 18 récords mundiais, e sendo introducido o limite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
N'Os Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés disposta nun área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía eletrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación de resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.
E o máis importante: compactaron todos os eventos no prazo de dúas semanas, sen interrupción, que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.
[editar] Curiosidades
- A texana Mildred “Babe” Didrikson, de 18 anos, conquistou dúas medallas de ouro e unha de prata no atletismo. Atleta polivalente de grande talento, após os Xogos “Babe” tornouse grande campioa de deportes diversos como golf, tenis e básket, onde competiu case até os corenta anos de idade. Nos anos 50, foi eleita a maior atleta americana do medio século pola prensa deportiva especializada.
- Num feito único na historia olímpica, o campión dos 3.000m vallas, o finlandés Volmari Iso-Hollo e os seus adversarios, foron obrigados a dar a maiores unha volta ó estadio para cruzar a liña de chegada, debido ó erro do fiscal que anunciaba a contaxe de voltas na pista. Foi a primeira e única vez nas Olimpíadas que os 3.000 m vallas viraron a 3.400m vallas. Catro anos despois, en Berlín, correndo a distancia normal, Hollo se tornaría bicampión olímpico da proba.
- Estes Xogos inauguraron a cerimonia de entrega de medallas como a coñecemos nos nosos días, cos atletas en pé nun podio e coas bandeiras dos seus países sendo izadas.
- O nadador xaponés Kusuo Kitamura tornouse o máis novo atleta até hoxe en conquistar un ouro nunha proba individual de calquer deporte nos Xogos Olímpicos, ó vencer os 1.500m libres con 14 anos de idade.
- A polaca Stanisława Walasiewicz, que vivindo nos Estados Unidos empregaba o nome de Stella Walsh, gañou para Polonia a medalla de ouro nos 100m femininos do atletismo. Catro anos despois, en Berlín, conquistaría a prata na mesma proba. En 1980, canda a súa morte, unha biopsia mostrou que Stanislawa/Stella era, bioloxicamente, un home.
[editar] Modalidades disputadas
|
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 41 | 32 | 30 | 103 |
2 | Italia | 12 | 12 | 12 | 36 |
3 | Francia | 10 | 5 | 4 | 19 |
4 | Suecia | 9 | 5 | 9 | 23 |
5 | Xapón | 7 | 7 | 4 | 18 |
6 | Hungría | 6 | 4 | 5 | 15 |
7 | Finlandia | 5 | 8 | 12 | 25 |
8 | Reino Unido | 4 | 7 | 5 | 16 |
9 | Alemaña | 3 | 12 | 5 | 20 |
10 | Australia | 3 | 1 | 1 | 5 |