Xogos Olímpicos de 1984
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XXIII Olimpíada | |
---|---|
![]() |
|
Os Ánxeles 1984 | |
Estados Participantes | 140 |
Atletas | 6829 |
Eventos | 221 en 23 deportes |
Cerimonia de Apertura | 28 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 12 de agosto |
Apertura oficial | Ronald Reagan |
Xuramento do Atleta | Edwin Moses |
Entrada do Facho Olímpico | Rafer Johnson |
Local | Los Angeles Memorial Coliseum |
Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade de Os Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.
A pesares do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles – candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sofridos por Montreal nos seus Xogos de 1976 - recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.
A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado da California, local dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizadas os primeiros Xogos Olímpicos d'Os Ánxeles en 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e grande nome dos Xogos de 1936 en Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demonstración da tecnoloxía dos anfitrións.
Mais o máis importante feito destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que eles deran un beneficio de US$200 millóns, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que sinalizaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.
Índice |
[editar] Boicot
Despois dos Xogos Olímpicos de 1980, que foran boicoteados polos Estados Unidos e varios países do bloque capitalista, foi a quenda da Unión Soviética, Cuba, Alemaña Oriental e demais países do Telón de Aceiro e do mundo comunista para boicotearen os Xogos de Os Ánxeles. Os soviéticos alegaron falta de seguranza ós seus atletas, e anunciaron súa decisión de non competir nos Xogos o 8 de maio de 1984.
[editar] Curiosidades
- Estas foron as Olimpíadas do velocista americano Carl Lewis, figura máis popular dos Xogos, que igualou a marca de Jesse Owens en 1936, conquistando catro medallas de ouro nos 100, 200 e relevo 4x100m, ademais do salto de lonxitude.
- A China, país máis poboado do mundo, participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos, conquistando o total de 15 medallas de ouro, despois de conseguir oficialmente do COI que a República de Formosa, a illa ex-integrante da China que vivia baixo réxime capitalista, tivese a designación olímpica de China Taipei e non de república independente.
- Os Ánxeles viu a estrea da maratón feminina, gañada pola norteamericana Joan Benoit.
- A natación sincronizada, a ximnasia rítmica e o windsurf na vela, tamén fixeron a súa estrea nos Xogos.
- Romanía foi o único país comunista do Telón de aceiro que participou das competicións n'Os Ánxeles, conseguindo un récord de 53 medallas, 20 delas de ouro, na mellor presentación olímpica da súa historia até hoxe.
- O goberno de California construíu unha terminal totalmente nova no Aeroporto Internacional de Os Ánxeles, só para recibir os atletas, dirixentes e xornalistas presentes, o Tom Bradley International Terminal.
- Nawal El Moutawakel, de Marrocos, tornouse a primeira campioa olímpica musulmá, ó vencer a proba feminina dos 400m c/barreiras, modalidade nova nos Xogos.
- O británico Sebastian Coe tornouse o primeiro e único atleta olímpico en repetir unha vitoria nos 1500m do atletismo.
- Os países que boicotearon esta Olimpíada organizaron á vez outra competición de alto nivel chamada Xogos da Amizade.
- Por primeira vez un atleta parapléxico participou oficialmente nos Xogos, coa arqueira Neroli Fairchall disputando probas no tiro con arco.
- En baloncesto os Estados Unidos encabezados por Michael Jordan e Pat Ewing non tiveron problemas para gañar o ouro. Na final derrotaron a España, que levou a prata. Bronce foi Iugoslavia.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | ![]() |
||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
83 | 61 | 30 | 174 |
2 | ![]() |
20 | 16 | 17 | 53 |
3 | ![]() |
17 | 19 | 23 | 59 |
4 | ![]() |
15 | 8 | 9 | 32 |
5 | ![]() |
14 | 6 | 12 | 32 |
6 | ![]() |
10 | 18 | 16 | 44 |
7 | ![]() |
10 | 8 | 14 | 32 |
8 | ![]() |
8 | 1 | 2 | 11 |
9 | ![]() |
7 | 4 | 7 | 18 |
10 | ![]() |
6 | 6 | 7 | 19 |