Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XVII Olimpíada |
|
Roma 1960 |
Estados Participantes |
83 |
Atletas |
5348 |
Eventos |
150 en 17 deportes |
Cerimonia de Apertura |
25 de agosto |
Cerimonia de Clausura |
11 de setembro |
Apertura oficial |
Giovanni Gronchi |
Xuramento do Atleta |
Adolfo Consolini |
Entrada do Facho Olímpico |
Giancarlo Peris |
Local |
Estadio Olímpico |
Os Xogos Olímpicos de Verán de 1960 foron realizados en Roma, a Cidade Eterna, capital de Italia, cincuenta e dous anos despois de desistir da organización dos Xogos por causa dunha erupción do volcán Vesubio, que consumiu a maior parte dos recursos do Estado no atendemento das vítimas da catástrofe. Tendo finalmente a súa oportunidade, os romanos aproveitaron para xuntar a tradición antiga dos gregos coa súa propia antiga e dramática historia. As competicións de levantamento de peso realizáronse na Basílica de Maxentius, a ximnasia nas Termas de Caracalla e o Arco de Constantino, o famoso monumento en homenaxe ó primeiro emperador romano cristián, marcou a chegada da maratón.
Abertos o 25 de agosto e rematando o 11 de setembro, os Xogos de Roma tiveron a participación de 5.338 atletas, co número de 611 mulleres entre eles, representando 83 estados dos cinco continentes e foron, pioneiramente, transmitidos en vivo por máis de cen canles de televisión de 18 países de Europa e mostrados en vídeo tape horas despois nos Estados Unidos, Canadá e Xapón.
Wilma Rudolph, da poliomielite á medalla de ouro
[editar] Curiosidades
- O etíope Abebe Bikila se torna o primeiro afroamericano en gañar unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos, ó vencer de maneira sensacional a Maratón no último día dos Xogos de Roma. Soldado da garda persoal do Emperador Haile Selassie, Bikila gañou a máis dura proba olímpica correndo descalzo polas rúas romanas, baixo un calor de case 30º e quebrando o récord mundial da modalidade ó cruzar a liña de chegada, localizada exactamente embaixo do Arco de Constantino, símbolo do poder romano e italiano que invadiu e conquistou a Etiopía, o seu país natal, na época do goberno do ditador fascista Benito Mussolini, o que deu ó seu feito a dimensión heroica e dramática que o transformaría nunha lenda e no exemplo para todos os atletas africanos, que a partir desta década comezarón a dominar todas as probas de longa distancia do atletismo mundial.
- O grande destaque do boxeo foi o afroamericano Cassius Clay, de vinte anos de idade, que conquistou o ouro na categoría semi-pesado. Nos anos seguintes, el abrazaría a fe musulmá, trocaría o nome polo de Muhammad Ali e se tornaría o maior puxilista de todos os tempos.
- O dinamarqués Paul Elvstrøm gaña por cuarta vez consecutiva a medalla de ouro en Vela, Classe Finn, tornándose o maior campión olímpico da Vela na historia dos Xogos.
- Despois de gañar a medalla de prata por tres Xogos consecutivos, Iugoslavia finalmente gaña a medalla de ouro no fútbol.
- Atletas do equipo feminino de ximnasia da URSS gañaron 15 das 16 medallas de ouro posibles en Roma e por segunda vez, na súa terceira participación, os soviéticos baten ós antes eternos campións norteamericanos no cadro de medallas.
- A norteamericana Wilma Rudolph, portadora de poliomielite na infancia, conquista tres medallas de ouro no atletismo feminino, nos 100, 200 e relevo 4X100m.
- A nota triste foi a morte do ciclista danés Knut Jensen, que tivo un colapso provocado pola inxestión de anfetaminas na súa proba do Ciclismo e morreu no hospital. Foi a segunda vez que un competidor morreu disputando unha proba nos Xogos Olímpicos. O primeiro foi o corredor portugués Francisco Lázaro na maratón dos Xogos de Estocolmo en 1912.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas