Xogos Olímpicos de 1976
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xogos da XXI Olimpíada | |
---|---|
Montreal 1976 | |
Estados Participantes | 92 |
Atletas | 6028 |
Eventos | 198 en 21 deportes |
Cerimonia de Apertura | 17 de xullo |
Cerimonia de Clausura | 1 de agosto |
Apertura oficial | Isabel II do Reino Unido |
Xuramento do Atleta | Pierre St.-Jean |
Entrada do Facho Olímpico | Stéphane Préfontaine e
Sandra Henderson |
Local | Stade Olympique |
Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico. Lideradas pola Republica do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do COI en impedir a participación neles de Nova Celandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Sudáfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.
Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.
Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando a Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.
[editar] Curiosidades
- Os Xogos foron abertos pola Raíña Elizabeth II e toda a familia real británica compareceu ás cerimonias de apertura. A chama olímpica foi “eletronicamente” transmitida por impulsos eléctricos de Atenas até Ottawa, capital do país, a través de sinais de satélite, de onde foi levada en relevo até Montreal, entrando no estadio conducida por unha parella de rapaces, un de descendencia francesa e a outra de descendencia inglesa, Stéphane Préfontaine e Sandra Henderson, representando as dúas culturas que formaron o país.
- Todo o moderno aparato de acendimento da antorcha vía electrónica transoceánica foi posto en ridículo mundial cando días despois de aceso, debaixo de forte choiva, o lume da pira se apagou e tivo que ser novamente acesa por un funcionario do estadio cun simple chisqueiro; os organizadores mandaron apagar a pira de novo para acendela cunha antorcha substituta.
- A ximnasta romanesa Nadia Comaneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, sendo a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistaría tres medallas de ouro e recibiría nada máis e nada menos que outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
- Foron introducidos nestes Xogos as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo.
- O soviético Viktor Saneyev sagrouse tricampión olímpico do triple salto, derrotando ó entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
- A princesa Anne de Inglaterra foi a única participante feminina dos Xogos en non ser sometida ó teste de confirmación de sexo. Anne fixo parte do equipo inglés de equitación.
- O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou a excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado.
- Clarence Hill, de Bermuda, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do Boxeo, dando ó seu pequeno país a honra de se tornar o estado de menor poboación do mundo (53.500 habitantes na época) en gañar unha medalla nos Xogos Olímpicos.
[editar] Modalidades disputadas
[editar] Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | URSS | 49 | 41 | 35 | 125 |
2 | Alemaña do Leste | 40 | 25 | 25 | 90 |
3 | Estados Unidos | 34 | 35 | 25 | 94 |
4 | Alemaña do Oeste | 10 | 12 | 17 | 39 |
5 | Xapón | 9 | 6 | 10 | 25 |
6 | Polonia | 7 | 6 | 13 | 26 |
7 | Bulgaria | 6 | 9 | 7 | 22 |
8 | Cuba | 6 | 4 | 3 | 13 |
9 | Romanía | 4 | 9 | 14 | 27 |
10 | Hungría | 4 | 5 | 13 | 22 |