Cataluña - Catalunya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cataluña (Catalunya en catalán), nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación situada na costa noroeste da Península Ibérica e dividida administrativamente en dúas partes: a Comunidade Autónoma de Cataluña na España e a Cataluña do Norte na Francia. Ao falar de Cataluña na actualidade, faise referencia ao territoio da administración da Generalitat de Catalunya, que é o único que ten este nome como oficial.
Os termos Cataluña, Principado de Cataluña ou Cataluña do Sur úsanse habitualmente para facer referencia á Comunidade Autónoma de Cataluña, mentras que Cataluña do Norte refírese aos territorios cataláns baixo administración francesa. O termo Países Cataláns úsase para referirse a tódo-los territorios de fala catalana, incluíndo o País Valenciano, as Illas Baleares, a Franxa de Ponente, Andorra, a aldea do Alguer (Sardeña) e a rexión murciana do Carxe.
[editar] Política e Administración
O territorio histórico de Cataluña divídese na Cataluña do Norte, ou Cataluña Norte, (administrada por Francia logo do Tratado dos Pireneos no 1659) e a Cataluña Sur (administrada polo Reino de España logo do Decreto da Nova Planta no 1716).
- A Cataluña Sur fórmase por unha das Comunidades Autónomas de España, chamada tamén Cataluña. As institucións de goberno constitúen a Generalitat de Catalunya. Este territorio dívídese administrativamente en provincias, provincia de Barcelona, provincia de Girona, provincia de Tarragona e a provincia de Lleida, as cais son á súa vez subdivididas en bisbarras. As linguas oficiais son o catalán e o castelán, sendo tamén oficial o aranés no Val de Arán.
- Nembargantes, administrativamente, a Cataluña do Norte constitúe, xunto a bisbarra occitana da Fenolleda, un departamento do estado francés, chamado Pireneos Orientais. O francés é a única lingua oficial.
[editar] Véxase tamén
|
|||
Cataluña · País Valenciano · Illas Baleares · Andorra · Franxa de Aragón · Alguer · O Carxe |