Clodoveo II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clodoveo II (634-657), rei dos francos.
Foi rei de Neustria e de Borgoña desde o 638 ao 657 e tamén de Austrasia desde o 656 ao 657.
Era fillo de Dagoberto I e de Nantilde.
Durante a súa minoría de idade foi o seu rexente Erquinoaldo, mordomo de palacio de Neustria.
Casado, en 648, con Santa Batilde (falecida en 680, no mosteiro de Chelles), foron pais de Clotario III, rei de Neustria (Soissons) e Borgoña, Teodorico III, rei de Neustria e Borgoña, e de Khilderico II, rei de Austrasia.