Clotario II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clotario II (584-629, rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.
Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.
Non podendo gobernar so, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.
Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.
Gontrán morre no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morre no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.
Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.
Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.
Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.
Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.
Negriña