New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Montreal - Montréal - Wikipedia

Montreal - Montréal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ville de Montréal, Québec, Canada
Bandeira da cidade de Montreal
Lema da cidade:"Salvación A través da Harmonía"
Do latín: Concordia Salus

Localización da cidade de Montreal na provincia de Quebec
Área 500 05 km²
Poboación

 - Cidade de Montreal (2001)
 - Metropolitana
 - Densidade


1 812 723 (censo nacional de 2001)
~3,6 millóns
3 625,1/km²

Fuso horario Leste: UTC-5/-4

Latitude
Lonxitude

45°28′N
73°45′O

Altitude media

57 metros

Fundada en

1642

Actual prefecto

Gerald Tremblay

Principal aeroporto

Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau

Páxina da Prefectura de Montreal

Montreal (Montréal 2, na escrita oficial da cidade, en francés) é a maior cidade da provincia do Quebec, no Canadá, a segunda máis populosa do país, e tamén a segunda máis populosa cidade francófona do mundo. É tamén unha rexión administrativa do Quebec. Situase na illa de mesmo nome do Río San Lourenzo. É un dos principais centros industriais, comerciais e culturais da América do Norte.

Montreal posúe a segunda maior poboación francófona do mundo, estando atrás apenas de París. Porén, Montreal tamén posúe unha considerábel comunidade anglófona, e un crecente número de persoas cuxo idioma materno non é nin o francés nin o inglés.

A palabra "Montreal" é a versión arcaica, escrita de forma simplificada, de Mont-Royal, un morro localizado na cidade, no centro da illa. Montreal é un dos centros culturais máis importantes do país, sediando varios eventos nacionais e internacionais. Entre eles, están a Juste pour Rire, un dos maiores festivais de comedia do mundo, o Festival de Jazz de Montreal, un dos maiores festivais de Jazz do mundo, e o Grand Prix de Montreal. A cidade, no total, sedia máis de 70 eventos internacionais por ano, perdendo apenas para a cidade brasileira de Río de Xaneiro. Con todos estes eventos, aliado ao seu centro antigo, a Vieux Montreal, a cidade é considerada a cidade máis europea da América do Norte.

Montreal posúe unha das poboacións máis ben educadas do mundo, posuíndo a maior concentrazón de estudantes universitarios per capita de toda a América do Norte. A cidade posúe 4 universidades - dúas delas francófonas e dúas delas anglófonas - e 12 faculdades. É un centro da industria de alta tecnoloxía - especialmente na área de medicina e na industria aeroespacial.

Índice

[editar] Historia

Image:Monte Royal.jpg
O parque de Monte Royal, e a estatua de Atena. O cumio do Monte Royal pode ser visto no fundo da foto.

O local onde fica actualmente a cidade de Montreal era habitado por nativos algonquinos, huróns e iroqueses, por millares de anos antes da chegada dos primeiros europeos. Os ríos e lagos da rexión eran cheos de peixes, que servían como alimento aos nativos, alén de servir como rotas de transportes.

O primeiro europeo a pisar na actual cidade de Montreal foi Jacques Cartier, que navegara o Río San Lourenzo, en 1535. Ouvindo rumores nunha aldea iroquesa, onde actualmente está localizada a cidade de Quebec, de que existía ouro na Illa de Montreal, e impedido de continuar súa explorazón río para riba polas Cataratas de Lachine (xeograficamente ao sur de Montreal), Cartier explorou a illa, avistando unha aldea iroquesa, Hochelaga, onde vivían aproximadamente mil nativos. A aldea estaba localizada ao pé do Monte Royal. Cartier entón fincou unha cruz, a primeira dunha serie, en honra ao rei francés Francisco I, que patrocinara a excursión de Cartier. Para a infelicidade do navegante francés, o que os nativos describiran como un "metal brillante" non pasaba de cuarzo, ou tal vez pirita (o ouro dos parvos).

Samuel de Champlain foi á illa de Montreal dúas veces, en 1603 e 1611, case un século despois de Cartier. Hochelaga, entón, xa había sido abandonada polos iroqueses.

[editar] Colonización Francesa

En 1639, o cobrador de impostos Jérome Le Royer criou unha compañía, en París. O obxectivo da compañia era a colonización da actual illa de Montreal. En 1641, a compañía enviou un grupo de misioneiros cristiáns, cuxo obxectivo principal era "cristianizar" os nativos locais. En 1642, o grupo misioneiro, composto por preto de 50 persoas, desembarcou na illa e construíu un forte, establecendo a Vila María de Montreal (Ville Marie de Montréal).

Os iroqueses atacaron continuamente o forte, esperando destruír a entón rendíbel troca de peles que os franceses mantiñan cos algoquinos e huróns, rivais dos iroqueses. A pesar destes ataques, Montreal prosperaba como centro católico de troca e venda de peles, ben como unha base central para a explorazón doutras rexións da Nova Francia (rexións da América do Norte parte do imperio francés). No comezo do século XVII, a pequena Ville-Marie pasou a ser chamada de Montreal. Entón, posuía unha poboación de aproximadamente 3.5 mil habitantes.

[editar] Colonización Inglesa

Montreal foi invadida por forzas inglesas en 1760, durante a Guerra dos Sete Anos (1754 a 1763), e pasando definitivamente para Control británico en 1763 dada a decisión francesa de manter a illa de Guadalupe, no Tratado de París, e cedendo as colonias na América do Norte para o Reino Unido.

Foi ocupada temporalmente polos Estados Unidos durante a guerra da independencia dos EUA en 1776. Benjamin Franklin e outros diplomáticos americanos tentaron conseguir o apoio de canadenses francófonos á causa da independencia das 13 colonias americanas contra os británicos, sen éxito. En xuño de 1776, coa chegada de tropas británicas, os americanos recuaron.

No inicio do século XVIII, Montreal posuía aproximadamente 9 mil habitantes, cando inmigrantes vidos da Escocia comezaron a se instalar na cidade. Aínda que constituíndo apenas unha pequena porcentaxe da poboación da cidade, foron esenciais para a construción do Canal de Lachine, en 1825, que permitiu a navegación de grandes navíos polo río, tornando a pequena Montreal nun dos principais centros portuarios da América do Norte. Os pioneiros escoceses tamén criaron a primeira ponte conectando a illa ao continente, o primeiro shopping center da cidade, ferrovías, e o Banco de Montreal, o primeiro banco do Canadá, e actualmente un dos maiores bancos do país.

Foi a capital da provincia colonial do Canadá entre 1844 e 1849, e centro dunha explosión económica que atraeu moitos inmigrantes de lingua inglesa, como irlandeses, escoceses e ingleses. Isto tornou a cidade por un curto período de tempo primariamente anglófona, ata a chegada de máis inmigrantes franceses nas décadas de 1840 e 1850. Este crecemento acelerado fixo de Montreal a maior cidade da América Inglesa, e indiscutibelmente a capital económica e cultural do Canadá, causando un boom populacional: de 1825 a 1850, a cidade pasou de 16 mil para 50 mil habitantes.

[editar] De 1867 á Década de 1950

Palacio da Xustiza de Quebec, 1880.
Palacio da Xustiza de Quebec, 1880.

O crecemento da cidade, tanto en termos económicos (construción de industrias e ferrovías) como populacionais (a cidade alcanzou os 100 mil habitantes no final da década de 1860, dos cales metade eran de orixe francesa) continuaba. A importancia e a prosperidade económica da cidade aumentou cando se construíu a primeira ferrovía transcontinental, conectando Montreal con Vancouver, na Columbia Británica, e outras cidades importantes no interior. Na virada do século, Montreal había alcanzado aproximadamente 270 mil habitantes.

Na primeira guerra mundial, na cal o Canadá loitou do lado dos aliados (Francia, Inglaterra, e, posteriormente, os Estados Unidos), os habitantes anglófonos da cidade apoiaron o goberno, con moitos deles ofrecéndose para loitar na guerra. Os habitantes francófonos, con todo, non tiveron o mesmo entusiasmo. En 1917, con insuficiencia de soldados, a voluntarización forzada de calquera persoa elixíbel para loitar na guerra causou revoltas en Montreal, afastando a poboación anglófona e francófona unha da outra.

Despois da primeira guerra mundial, coa prohibición de bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, Montreal tornouse un paraíso para os norteamericanos na busca de alcohol. A cidade gañou o infame apelido de Sin City (Cidade do Pecado), grazas á venda de bebidas alcohólicas, xogo e prostitución.

A pesar de duramente atinxida pola Grande Depresión económica nos anos 30, Montreal continuou a desenvolverse, coa construción de varios rañaceos. Entre eles, o Edificio Sun Life, o máis alto da Commonwealth Inglesa por un período de tempo.

A Segunda Guerra Mundial e o alistamento forzado de persoas trouxeron novamente problemas de cuño cultural entre anglófonos e francófonos. Desta vez, sen maiores consecuencias que a prisión de Camillien Houde, entón prefecto da cidade, que incentivara os habitantes de Montreal a ignorar a causa do goberno canadense na guerra, exhortando ao non alistamento na mesma.

[editar] Anos 60 e 70

A Biosfera de Montreal, unha das atraccións da antiga Feira Mundial de 1967.
A Biosfera de Montreal, unha das atraccións da antiga Feira Mundial de 1967.

Por volta de 1950, a cidade de Montreal alcanzou seu primeiro millón de habitantes. Jean Drapeau foi electo prefecto da cidade en 1954, ficando no cargo ata 1957, e, despois, de 1960 ata 1986, iniciando grandes proxectos como un sistema de metro, unha cidade subterránea, a expansión da baía portuaria, a inaugurazón do canal hidroviario do Río San Lourenzo e a construción de modernos edificios comerciais no centro da cidade.

Montreal foi o centro do crecemento do nacionalismo Quebequense, que comezara nos anos 50, e medrado ata o comezo dos anos 70. En 1967, Montreal foi sede da Expo 67, unha feira internacional que coincidiu co centenario da independencia canadense. A Expo 67 acabou por ser unha das maiores xa realizadas da historia, alén de ter sido o palco dun famoso discurso do entón presidente francés, Charles de Gaulle, no cal expresaba o seu apoio aos nacionalistas Quebequenses, causando turbulencias nas relacións franco-canadianas.

Montreal organizou os Xogos Olímpicos de Verán de 1976, o que dividiu profundamente a cidade (na orde dos miles de millóns de dólares canadenses), debido a gastos non controlados e a corrupción. A débeda continúa a ser paga hoxe en día.

O centro financeiro de Montreal á noite.
O centro financeiro de Montreal á noite.

O maior centro urbano do Canadá e principal centro comercial e industrial do país desde os primordios da historia moderna do Canadá, Montreal foi superado, en número de habitantes e importancia económica, pola cidade de Toronto (Toronto e os seus cinco suburbios da época, que actualmente compoñen a cidade de Toronto), na provincia de Ontario, entre a década de 1970 e 80.

O crecemento do nacionalismo Quebequense tivo como consecuencia a ocorrencia de actos terroristas, cometidos na cidade por extremistas entre 1963 e 1970. A aprobación da Lei 101 polo goberno de Quebec, en 1977, limitando o uso do inglés e outros idiomas que non o francés na política, comercio e nos medios de comunicación, foron factores decisivos, causando o afastamento de comerciantes e empresas internacionais, que se mudaron principalmente para Toronto, e a diminución do número de inmigrantes instalados na cidade.

A cidade celebrou seu 350º aniversario en 1992.

[editar] Unha illa, unha cidade

En 2001, o Partido Quebequense, entón no goberno da provincia, fundiu as outras 26 cidades que ocupaban a Illa con Montreal, formando unha única cidade - a cidade de Montreal - baixo o slogan Une île, une ville (Unha illa, unha cidade), á mesma época da fusión doutras cidades do Quebec. Isto foi feito por razóns económicas, esperando que as cidades maiores serían máis eficientes en termos económicos, podendo ser máis competitivas con outras cidades canadenses, como Toronto, que se fusionara con outras cinco cidades veciñas en 1998.

As cidades que existían na Illa de Montreal, unidas nesta fusión eran: Anjou, Baie d'Urfé, Beaconsfield, Côte Saint-Luc, Dollard-des-Ormeaux, Dorval, Hampstead, Île-Bizard, Île-Dorval, Kirkland, Lachine, LaSalle, Montréal-Est, Montréal-Nord, Montréal-Ouest, Outremont, Mont-Royal, Pierrefonds, Pointe Claire, Roxboro, Sainte-Anne-de-Bellevue, Sainte-Genéve, Saint-Laurent, Saint-Léonard, Senneville, Verdun e Westmount.

Porén, como aconteceu noutras fusións fóra do Canadá, a fusión destas 26 cidades non foi ben aceptada por boa parte da poboación desas cidades. Complicando aínda máis esta situación, era a presenza de cidades anglófonas, que se fusionaron á francófona Montreal. A poboación destas temía que os seus dereitos non se respectasen con este acto.

En abril de 2002, o Partido Liberal do Quebec derrotou o Partido Quebequense. De acordo coas promesas electorais, o Partido Liberal concedeu un referendo entre as cidades que se funsionaran con Montreal, votando a favor ou contra a fusión. Tal referendo foi realizado en 20 de xullo de 2004 en 22 das 26 antigas cidades. Seguindo os resultados da votación, 15 das antigas cidades irían recuperar a súa independencia o 1 de xaneiro de 2006. As cidades que decidiron continuar con Montreal foron Anjou, Île-Bizard, Lachine, LaSalle, Montréal-Nord, Outremont, Pierrefonds, Roxboro, Saint-Geneve, Saint-Laurent, Saint-Léonard e Verdun.

[editar] Actualmente

As boas condicións económicas da cidade permitiron actuais avances na infraestrutura da cidade, coa expansión do sistema de metro para a cidade veciña de Laval e o desenvolvemento dun anel rodoviario en torno da illa de Montreal. A revitalización de varios barrios, antes decadentes, tamén está ocorrendo.

[editar] Xeografía

[editar] Localización Xeográfica

A cidade localizase na Illa de Montreal, no Río San Lourenzo, incorporando un total de 74 illas menores localizadas preto da Illa de Montreal. Localizase a 75 km leste da provincia canadense de Ontario, a 150 km leste da capital do país, Otava e a aproximadamente 200 km suroeste da capital da provincia, a cidade de Quebec. As coordenadas xeográficas de Montreal son 45°28′Norte e 73°45′Oeste; a altitude da cidade é de 57 metros, en media, sendo de 23 metros nas marxes do San Lourenzo.

A Illa de Montreal posúe 50 quilómetros de lonxitude por 16 quilómetros de largura, na súa máxima extensión, e unha área de 482.84 km². Por estar nunha posición diagonal, os habitantes da cidade posúen un xeito atípico de describir direccións na cidade: o norte da cidade corresponde na verdade á dirección nordeste na búxola magnética; o sur da cidade, ao suroeste magnético, o leste da cidade, ao nordeste magnético, e o oeste da cidade, ao noroeste magnético.

[editar] Rexión Metropolitana

Montreal é o centro dunha rexión metropolitana que se estende por un raio de aproximadamente 40 Km da cidade. A metrópole de Montreal é a segunda máis populosa do Canadá, e a décima máis populosa da América do Norte.

A Metrópole Comunitaria de Montreal (Communauté Métropolitaine de Montréal) é o órgano público encarregado do planeamento, coordinación e financiamento de desenvolvemento económico, transporte público, coleta de lixo, etc, nesta rexión metropolitana, que comprende 3 839 km² e posúe 3 431 551 habitantes. O presidente da Metrópole Comunitaria de Montreal é o prefecto da cidade de Montreal.

As cidades que compoñen a Rexión Metropolitana de Montreal son:

[editar] Na Illa de Montreal

As seguintes 15 cidades son actualmente parte de Montreal, mais segundo os resultados do referendo de 2004, sepáranse de Montreal, e tórnanse cidades independentes novamente:

  • Baie d'Urfé
  • Beaconsfield
  • Cote Saint-Luc
  • Dollard-des-Ormeaux
  • Dorval
  • Hampstead
  • Île-Dorval (a menor cidade do Canadá, cos seus 2 habitantes permanentes)
  • Kirkland
  • Montréal-Est
  • Montréal-Ouest
  • Mont-Royal
  • Pointe Claire
  • Sainte-Anne-de-Bellevue
  • Senneville
  • Westmount

A área das 15 cidades sumadas é de aproximadamente 134 km², e a poboación delas, sumada, é de aproximadamente 160 mil habitantes.

[editar] Illas da rexión

Avenida Mcgill College no centro da cidade.
Avenida Mcgill College no centro da cidade.
  • Illa Laval
    • Laval
  • Illa Perrot
    • Notre-Dame-de-l’Île-Perrot
    • Pincourt
    • Terrase Vaudreuil
    • Ville-Île-Perrot

[editar] Marxe norte do San Lourenzo

  • Blainville
  • Boisbriand
  • Mirabel
  • Repentigny
  • Ste-Thérèse
  • Terrebonne

[editar] Marxe sur do Río San Lourenzo

  • Kahnawake
  • Brosard
  • Candiac
  • Cháteauguay
  • Longueuil
  • Boucherville

[editar] Clima

Unha escena común en Montreal, nos días de inverno.
Unha escena común en Montreal, nos días de inverno.

O clima de Montreal varía bastante, debido á localización da cidade nunha área onde grandes frontes de ar, unha vindo do pólo norte, e outra, dos Estados Unidos, acostuman atoparse. A inestabilidade do tempo é considerada polos habitantes de Montreal como parte do carácter da cidade.

A precipitación é abundante na rexión. Aproximadamente 2,4 metros de neve caen anualmente na cidade, e a choiva é abundante ao longo do ano, principalmente no verán, a estación máis húmida da cidade. A remoción de neve das principais rúas e autoestradas da cidade custa a Montreal máis de 50 millóns de dólares canadenses por ano.

O clima de Montreal é temperado, con catro estacións ben definidas e variadas. No inverno, a temperatura media da cidade é de -10.4°C (non incluíndo o factor do vento), con mínimas entre -40°C a -10°C e máximas entre 0°C e -25°C. No verán, a media é de 21°C, con máximas entre 23°C a 35°C.

[editar] Administración

A cidade de Montreal é administrada por un prefecto e un Consello, que é composto de 73 membros. Os habitantes da cidade elixe o prefecto. A cidade está dividida en 73 distritos diferentes. A poboación de cada distrito escolle unha persoa, que atuará como representante do distrito no Consello Municipal, para mandatos de 4 anos de duración. O prefecto da cidade actúa como administrador principal do goberno da cidade, supervisionando e orientando os varios departamentos da cidade. O Consello discute e aproba diferentes proxectos, ben como o orzamento anual.

Montreal está dividida en 27 barrios diferentes (non confundir coas 27 antigas municipalidades existentes anteriormente á fusión ocorrida en 2001, eses mesmos números son apenas coincidencias), que posúen seus propios consellos, encarregados de problemas do barrio, e de supervisionar proxectos municipais sendo realizados na rexión. Os membros de tais consellos rexionais posúen mandato de dous anos.

Cerca de 40% da renda da cidade provén de impostos cobrados a propiedades. O resto dos fundos municipais provén de taxas cobradas a estabelecementos comerciais e ao consumo de auga, ben como de fundos provenientes da provincia de Quebec.

[editar] Demografía

Image:Museo de Artes Finas de Montreal.jpg
Museo de Belas Artes de Montreal.

Montreal é actualmente unha cidade multicultural, mais a cidade é unha excepción na provincia de Quebec. Encanto habitantes de descendencia francesa continúan a saír da cidade para se estableceren en suburbios, ou mesmo en outras cidades da provincia, máis inmigrantes continúan a se establecer na cidade. Encanto boa parte da poboación de Montreal recebe e aceita con brazos abertos inmigrantes das máis variadas partes do mundo, habitantes doutras partes menos habitadas e máis conservadoras da provincia, mesmo de certos suburbios de Montreal, posúen unha postura máis discriminatoria en relación a unha sociedade multicultural, o que xera serios problemas de cuño cultural entre Montreal e o resto da provincia.

[editar] Poboación

Montreal posúe preto de 1,8 millóns de habitantes (1,6 millóns despois da fisión ser concretizada) dentro dos seus limites municipais. A Grande Montreal posúe 3 607 000 habitantes, segundo unha estimativa da Centro de Estatísticas do Canadá. Habitantes da cidade son coñecidos como Montrealer, en inglés, e Montréalais (persoa do sexo masculino) ou Montréalaise (persoa do sexo feminino), en francés.

[editar] Etnias

Image:Montreal Chinatown.jpg
Chinatown da cidade de Montreal.

A cidade de Montreal, como en outras grandes cidades canadenses, é unha cidade multicultural, ou sexa, posúe unha grande variedade de etnias e culturas diferentes. Xuntamente cos descendentes de franceses e ingleses, coexisten comunidades irlandesas, italianas, xudaicas, gregas, árabes, hispánicas, haitianas e portuguesas.

Máis de 25% (aínda que certas estatísticas eleven ese número a 50%) da poboación de Montreal é descendente de dous ou máis grupos étnicos. Habitantes non nacidos no país compoñen o 20% da poboación da cidade.

[editar] Relixión

A relixión predominante na cidade é o catolicismo (dado as raíces francesas), aínda que expresivas cantidades de protestantes, musulmáns e xudeus vivan actualmente dentro da cidade.

O feito de Montreal ter sido desde súa fundación un centro católico favoreceu a inmigración de irlandeses, en grandes cantidades, debido á grande maioría ser tamén católica.

[editar] Idioma

A maioría dos habitantes de Montreal posúe como idioma materno o francés, principalmente despois que a Lei 101 entrou en vigor nos anos 70. Porén, unha minoría expresiva posúe o inglés como idioma materno, e unha crecente cantidade de persoas posúe fluencia en ambos os idiomas.

67,8% dos habitantes da zona metropolitana de Montreal son francófonos, 18,4% son anglófonos, e o restante, 13,8%, posúen outro idioma como lingua materna. Unha investigación realizada en maio de 2004 mostrou que 53% dos habitantes da cidade falan francés e inglés, 37% apenas francés e 7% apenas inglés.

[editar] Economía

Image:Montreal Centro Financeiro.jpg
O centro financeiro de Montreal.

Desde o século XIX ata meados do século XX, a economía da cidade foi dominada por comerciantes e empresas anglófonas, que mantiñan seus ambientes de traballo case sempre en inglés, obrigando os habitantes da cidade a dominar esta lingua, caso pretendesen un emprego bon e ben pago. A Lei 101, con todo, obrigou a todos os estabelecementos e empresas con máis de 50 funcionarios a manter tamén o francés na área de traballo.

Montreal posúe actualmente unha forza de traballo ben experta mais en decline, coa migración de habitantes da clase media e alta (especialmente francófonos) para outras cidades veciñas, e coa entrada de emigrantes doutras partes de Quebec, especialmente de áreas rurais, que non posúen experiencia ou educación para conseguir un bon traballo, tendo unha renda mínima, moitas veces insuficiente para cubrir os altos custos de vida na grande cidade.

[editar] Comercio e finanzas

Sendo o maior centro financeiro do país, Montreal continua un dos principais centros financeiros da América do Norte. A súas raíces bilingües e a súa posición estratéxica na América do Norte atraen empresas interesadas en traballar no continente norteamericano, especialmente, compañías francesas, dando a Montreal un aceso especial ao mercado francés e europeo.

Importantes empresas, tanto compañías canadenses sediadas na cidade, ben como compañías doutros países que escolleron a cidade como principal sede no país ou mesmo no continente, posúen seus cuarteis-xenerais na cidade, como a Air Canada, a IBM Canada e a Bombardier. Montreal é o segundo centro económico de lingua francesa máis importante do mundo.

A bolsa de valores da cidade (Bourse de Montréal), criada en 1874, a primeira do Canadá e a principal do país ata 1999, xa non movemento máis accións (agora realizadas na bolsa de valores de Toronto). Agora, está especializada na troca e venda de derivatives (contratos de investimento).

Outra importante fonte de renda importante da cidade é o turismo.

[editar] Industria

O porto hidroviario de Montreal, co centro da cidade ao fundo.
O porto hidroviario de Montreal, co centro da cidade ao fundo.

Cerca de 5 mil fábricas instaladas en Montreal empregan preto de 25% da forza de traballo da cidade. Montreal é un centro de industria farmacéutica, de alta tecnoloxía, téxtil e de manufactura de roupas. Produce tamén produtos electrónicos, equipamentos de transporte e de telecomunicación, alimentos industrializados, e é un centro de procesamento de tabaco.

A rexión metropolitana de Montreal é un dos principais centros aeroespaciais do mundo, onde está localizado a maioría das fábricas da Bombardier, empregando millares de traballadores. A IATA (Asociación Internacional de Transportes Aéreos) e a CAE (produtora de simuladores de voo) tamén están sediadas na cidade.

Refinarías de petróleo instaladas na cidade producen boa parte da gasolina do país. A cidade tamén é un forte centro de procesamento de alimentos, grazas á súa localización na provincia, unha das rexións máis fértiles do país.

[editar] Media

Montreal posúe 28 estacións de radio (17 en francés, 10 en inglés e 1 bilingüe), 9 estacións de televisión (5 en francés e 4 en inglés), 4 xornais diarios (3 en francés e 1 en inglés), alén de varios outros xornais comunitarios, publicados semanalmente, en francés, inglés e outros idiomas.

Os tres xornais diarios en francés son La Presse, Le Journal de Montréal e Le Devoir. Le Journal de Montréal é o xornal de maior circulación en Quebec, e tamén é o xornal francófono de maior circulación na América do Norte.

A Montreal Gacette é o único xornal diario publicado en inglés na cidade, e, sendo publicada pola primeira vez en 1778, é tamén o xornal máis antigo da cidade.

[editar] Puntos de Interese

Image:Vella Montreal.jpg
O centro vello de Montreal.

Montreal é o terceiro maior pólo turístico do Canadá, só perdendo para Vancouver e Toronto. Anualmente, a cidade é visitada por millóns de turistas.

[editar] Barrios

  • O centro financeiro da cidade, cos seus varios predios modernos. O edificio Ville-Marie, un dos máis altos da cidade cos seus 188 metros de altura forma o núcleo da cidade subterránea de Montreal, onde está localizada o maior shopping center subterráneo do mundo (con máis de 1,600 loxas).
  • A Vieux Montréal (Vella Montreal), un centro histórico con atraccións como o Porto antigo da cidade, o edificio Jacques-Cartier e a Basílica Notre-Dame de Montreal.
  • O Quartier international de Montréal, ou QIM (Cuarteirón Internacional de Montreal), unha área no centro da cidade que foi revitalizada entre 2000 e 2001. Posúe varias prazas, e é onde está localizado o centro de convencións da cidade (ver abaixo).

[editar] Parques

Image:Xardín Botánico de Montreal.jpg
Interior do Xardín Botánico de Montreal.

Montreal posúe centenas de parques e áreas verdes dentro da cidade e nas varias illaciñas cercando a illa de Montreal. Entre as máis famosas están:

  • O Monte Royal, que é parte dun inmenso parque urbano, localizado en Montreal e na cidade veciña de Mont-Royal. O centro financeiro da cidade está localizado ao pé do outeiro. Cada domingo no verán, centenas de persoas xúntanse ao pé do Monte Royal, no parque, para varias horas de danza sincronizada, entre outras actividades - un evento coñecido como Tan Tams.
  • O Xardín Botánico, inaugurado en 1931, o segundo maior do mundo, perdendo apenas para o Xardín Real de Kew, na Inglaterra.
  • O Parque Jean Drapeau, onde está localizado a Biosfera de Montreal, criada para a Feira Mundial de 1967, e que continua de pé ata hoxe.

[editar] Cultura

  • Como un centro primario da cultura canadense, Montreal posúe moitos museos. Entre eles, están o Museo Redpath, o Museo McCord de Historia Canadadense e o Centro Canadense de Arquitectura. O complexo cultural do Palacio das Artes de Montreal abriga o Museo de Arte Contemporánea, e posúe varios teatros.
  • Coñecida como Cidade dos Santos, (la ville aux cent clochers, en francés), Montreal posúe innúmeras igrexas e basílicas, tanto que Mark Twain, un famoso humorista norteamericano, comentou certa vez: foi a primeira vez que estivo nunha cidade na cal unha persoa non pode lanzar unha pedra sen estillazar a xanela dunha igrexa. Catedral Marie-Reine-du-Monde, Basílica Notre-Dame de Montreal, Basílica de San Patricio e o Oratorio de San Xosé. A última é a maior igrexa canadense, posuíndo o maior domo (ou cúpula) do seu xénero, logo a seguir á da Basílica de San Pedro, en Roma.
  • A súa Chinatown, localizado ao sur do centro financeiro, con varias loxas e restaurantes chinesas e algunhas vietmitas.

[editar] Rúas

Vista da rue Sainte-Catherine.
Vista da rue Sainte-Catherine.
  • A rue Sainte-Catherine é unha rúa comercial que atrae moitos turistas, debido aos seus shopping centers, grandes loxas, teatros e restaurantes.
  • A Boulevard Saint-Laurent, a principal avenida de Montreal, cortándoa nun sentido norte-sur, é unha mostra da variedade cultural da cidade, onde loxas, restaurantes e comunidades portuguesas, gregas, xudaicas, rusas, ucraínas e latinoamericanas están localizadas. Alén diso, a rúa corta o centro financeiro, a Chinatown e a Pequena Italia (centro comunitario de italianos) da cidade.
  • A rue Sherbrooke, con súas loxas luxosas e as súas galerías de arte.
  • Boulevard René-Levésque, o centro financeiro da cidade, onde a maior parte dos rañaceos da cidade están localizadas.

[editar] Outros

O Palais des Congrès de Montreal.
O Palais des Congrès de Montreal.
  • O estadio olímpico, inaugurado en 1976, que posúe a maior torre inclinada do mundo, cos seus 170 metros de altura.
  • A arquitectura de moitos dos predios de apartamentos de dous a catro andares da cidade caracterizase pola presenza de escadas fóra do edificio, co obxectivo de economizar espazo interno.
  • O Palais des Congrès, o centro de convencións da cidade, localizado no Cuarteirón Internacional de Montreal (QIM). Foi construído antes da revitalización ter ocorrida no QIM.
  • Montreal é un dos maiores centros homosexuais da América do Norte, posuíndo unha das maiores vilas gays do continente. O seu festival de Orgullo Gay é o segundo maior da América do Norte, só perdendo para aquela realizada en Toronto.

[editar] Educación

[editar] Escolas

Existen dous sistemas públicos de educación na cidade, un encarregado de atender alumnos cuxo idioma materno é o francés, e outro para atender alumnos primariamente anglófonos. Os pais tamén poden optar por deixar súas crianzas no sistema católico de ensino, que é subsidiado polo municipio.

A taxa de alumnos estudando en escolas particulares na cidade é a maior do Canadá: aproximadamente 24% dos alumnos morando en Montreal estudan en escolas privadas.

[editar] Bibliotecas

O sistema bibliotecario de Montreal compónse dunha biblioteca central, e outras, menores, ao redor da cidade. Encanto a maioría das edicións de enciclopedias e outros libros importantes sexan franceses, outras coleccións, libros e revistas poden ser atopadas en inglés e mesmo en outros idiomas, das cales as máis comúns son en italiano, chinés, portugués (de Portugal), español e en árabe, entre outros.

[editar] Sistema universitario

Montreal posúe a maior poboación universitaria per-capita da América do Norte, debido ás súas catro universidades, sendo dúas delas altamente recoñecidas na América do Norte: a Universidade Mcgill (que ensina en inglés) e a Universidade de Montreal (que ensina en francés). Outras universidades na rexión metropolitana de Montreal son a Universidade Concórdia, e na cidade veciña de Longueuil, a Université de Sherbrooke á Longueuil. Montreal posúe tamén varias facultades.


[editar] Deportes

Image:Montreal Stadeolympique.jpg
O Estadio Olímpico de Montreal.

O deporte máis famoso e practicado na cidade é o hoquei. A historia deste deporte, aliás, remonta a Montreal. Alén do estadio olímpico, a cidade posúe un circuíto de Fórmula Un, o Circuíto Gilles Villeneuve.

Os principais equipos da cidade son:

  • Montreal Canadiens, de hóquei, da Liga de Hóquei Nacional, do Canadá e Estados Unidos. Campeón da Liga 24 veces.
  • Montreal Alouettes, un equipo de fútbol americano, e parte da Liga de Fútbol Americano do Canadá. Campión da Grey Cup 6 veces.
  • Montreal Impact, da primeira división de fútbol do Canadá e Estados Unidos. Campión dúas veces.

[editar] Transportes

Montreal é o maior polo rodoviario, ferroviario e portuario do Canadá, ben como posúe o terceiro con máis movementos aeroportuarios do país, o Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau.

[editar] Transporte público

Image:Montréal - Métro Mcgill - 20050310.jpg
O transporte público de Montreal é un dos máis eficientes da América do Norte.

O órgano público encarregado de administrar o sistema de transportes públicos de Montreal é a Société de Transport de Montréal - STM (Sociedade de Transportes de Montreal). Son un total de 361 liñas de ómnibus, alén de sistema de metro que posúe 64 quilómetros de lonxitude e 65 estacións, todas con aceso a liñas de ómnibus. O sistema de transportes públicos de Montreal é totalmente integrado, como é de praxe no Canadá, e en moitas cidades dos Estados Unidos.

As estacións de metro de Montreal son verdadeiras obras de arte, grandes, usando de artificios artísticos como estatuas, pinturas e arquitectura, que lle renderon o apelido de As maiores obras de arte subterránea do mundo. De feito, todo o sistema de metro de Montreal fica abaixo do solo, co obxectivo de maximizar a temperatura dentro das estacións nos días rigorosos de inverno.

[editar] Ferrovías

As estacións de metro da cidade son obras de artes coñecidas na cidade.
As estacións de metro da cidade son obras de artes coñecidas na cidade.

A cidade de Montreal é o principal centro ferroviario do Canadá, debido ao seu porto de grandes dimensións e á súa localización estratéxica no continente. A cidade é un punto de conexión para o transporte de cereais, azucre, derivados de petróleo, maquinaría e produtos acabados, que se transaccionan non soamente con outras cidades canadenses, como tamén con cidades do interior do nordeste dos Estados Unidos. Cinco pontes ferroviarias conectan a illa de Montreal co continente.

[editar] Porto de Montreal

O porto de Montreal estendese por 15 quilometros ao longo da marxe sur e leste do Río San Lourenzo, tanto servindo grande navíos oceánicos de grande porte como navíos menores adaptados para uso nos Grandes Lagos. Move preto de 23 millóns de toneladas de carga anualmente. Montreal é un dos principais centros portuarios da América do Norte, e o segundo principal do Canadá, atrás apenas do porto de Vancouver.

[editar] Vías públicas

Vista do porto de Montreal.
Vista do porto de Montreal.

Montreal é unha cidade ben servida por estradas, con seis autoestradas nacionais conectando a cidade a outras cidades canadenses, e aproximadamente 85 km de vías expresas cortando a cidade. Outras 60 km de vías expresas están localizadas nas inmediacións da cidade. Está conectada con súas cidades veciñas a través de 4 pontes, en dirección á marxe sur do San Lourenzo, 6 en dirección á Laval, e 2 en dirección á marxe norte do San Lourenzo.

A pesar disto, a cidade posúe varios problemas de tránsito, decorrentes do grande tráfego de vehículos procedentes dos suburbios, principalmente de Longueuil, onde a largura do Río San Lourenzo torna a construción de pontes cara e difícil.

[editar] Aeroportos

Montreal é servida polo Aeroporto Internacional Pierre Elliot Trudeau, localizado na cidade veciña de Dorval, atendendo principalmente a voos de pasaxeiros e da aviación xeral, e polo Aeroporto Internacional Montréal-Mirabel, localizado a preto de 50 km do centro financeiro de Montreal, na cidade de Mirabel, que atende primariamente a voos de carga aérea.

[editar] Notas

Image:Bandeira de Montreal.JPG
A bandeira de Montreal.
  • O nome da cidade orixinase de Mont Royal, o monte onde Jacques Cartier fincara unha cruz no cumio, e que o navegador nomeou en homenaxe ao Rei que o patrocinara, Francisco I. Finalmente, o nome do monte pasaría a ser asociado tamén coa cidade.
  • O nome oficial da cidade é Montréal, segundo o goberno do Canadá e do Quebec, debendo aparecer acentuado, en todos os materiais impresos no país, sexa en inglés ou en francés. Porén, acostumase omitir o acento en materiais anglófonos, mentres que os materiais francófonos manteñen a acentuación.

[editar] Suburbios de Montreal

  Norte: Laval, Terrebonne, Repentigny, Boisbriand, Ste-Thérèse, Blainville, St-Eustache  
Oeste: Dorval, Vaudreuil-Dorion, Île-Perrot, Pincourt, Pointe-Claire Montreal Leste: Longueuil, Boucherville
  Sur: Kahnawake, Brosard, Candiac, Cháteauguay  


[editar] Artigos relacionados

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

[editar] Ligazóns Externas

Bandeira de Quebec Provincia canadense de Quebec
Capital: Cidade de Quebec
Rexións administrativas

Abitibi-Témiscamingue | Bas-Saint-Laurent | Capitale-Nationale | Centre-du-Québec | Chaudière-Appalaches | Côte-Nord | Estrie | Gaspésie–Îles-de-la-Madeleine | Lanaudière | Laurentides | Laval | Mauricie | Montérégie | Montreal | Nord-du-Québec | Outaouais | Saguenay–Lac-Saint-Jean

Principais cidades

Cidade de Quebec | Drummondville | Gatineau | Granby | Laval | Lévis | Longueuil | Montreal | Repentigny | Rimouski | Saguenay | Saint-Hyacinthe | Saint-Jean-sur-Richelieu | Saint-Jérôme | Shawinigan | Sherbrooke | Terrebonne | Trois-Rivières

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu