Xúpiter (planeta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o planeta do Sistema Solar, para outros artigos co mesmo nome, vexa Xúpiter
|
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recebe o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.
Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso. Debido á súa rápida rotación, o planeta posúe un lixeiro abultamento no ecuador, o que lle dá unha aparencia oblonga. A atmósfera exterior distribúese en varias bandas paralelas ao ecuador que ocasionan turbulencias e tormentas ao longo dos limites entre elas. Un resultado notorio é a Gran Mancha Vermella, que non é senón unha xigantesca tormenta que se ven desenvolvendo desde, como mínimo, o século XVII.
O planeta está rodeado por un lixeiro sistema de aneis planetarios e unha magnetosfera moi poderosa. Posúe tamén 63 lúas polo menos, incluindo as catro lúas maiores, que foron descobertas por Galileo en 1610.
Xupiter foi explorado en varias ocasións por sondas espaciais, especialmente cando pasaron ao seu carón as Pioneer e Voyager e, posteriormente, a sonda orbital Galileo. Agora mesmo hai un interese especial por descobrir un posíbel oceano líquido coberto por xelo na lúa Europa.
Índice |
[editar] A Gran Mancha Vermella
A zona de tormentas de Xúpiter foi chamada A Gran Mancha Vermella. Esta gran mancha vermella foi visualizada polo científico inglés Robert Hooke. É un enorme remuíño de gas, unha tormenta fortísima, que dura desde hai 300 anos e provoca ventos de 400 km/h.
É de forma ovalada e atópase a sur do ecuador de Xúpiter. Varía moito tanto de cor como de intensidade. Ás veces, é dunha cor vermella forte, e realmente moi notábel, mentres que noutras ocasións palidece ata se facer insignificante.
Inicialmente pensouse que a gran mancha vermella era a cima dunha montaña xigantesca ou unha meseta que saía por riba das nubes, pero desde que se lle veu describir case un terzo da volta a Xúpiter, abandonouse esta idea.
É máis fría que as nubes que a rodean, e unha posíbel explicación é que sexa un ciclón tropical. Se iso fose verdade, tería un núcleo que casie sobrepasa a nosa imaxinación, non só porque permanece ano tras ano, senón debido ao seu enorme tamaño, posto que a gran mancha vermella é tan grande que podería engulir unhas dúas veces e media a Terra.
[editar] Observacións históricas
Xúpiter é coñecido desde a antigüidade e é visíbel a simple vista no ceo noctura. O seu símbolo astronómico (♃) é unha representación estilizada do lóstrego, atributo do deus Xúpiter.
Os chineses, coreanos, xaponeses e vietnamitas refírense a el como "a estrela de madeira" (木星) cun signo baseado nos Cinco Elementos chineses. Na astroloxía védica, os astrólogos hindús chamábanno Brihaspati, ou Guru, que significa "O Grande". En hindi, o Xoves é, igual que para nós, o día de Xúpiter (Guruvaar). Nas linguas xermánicas, o xoves é tamén o "día de Thor", (como en inglés, Thursday) xa que este deus asimilouse co Xúpiter romano.
En 1616, Galileo descobriu, por medio dun telescopio, as catro lúas maiores de Xúpiter, Io, Europa, Ganimedes e Calisto, polo que agora se denominan Lúas de Galileo. Foron os primeiros satélites naturais descobertos fora do da Terra. Tamén foi a primeira descoberta dun movemento celesto non centrado no Sol e constituíu un aporte significativo a favor da teoría heliocéntrica de Copérnico. O apoio claro que Galileo daba a esta teoría púxoo baixo a ameaza da Inquisición.
En 1892, E. E. Barnard observou un quinto satélite, Amaltea, desde o observatorio de Lick, en California.
[editar] Ver tamén
[editar] Enlaces externos
Sistema Solar | |
---|---|
Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |