Terra (planeta)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Características da órbita (Época J2000) | |
---|---|
Eixo semi-maior | 149 597 887 km (1,000 000 11 AU) |
Circunferencia orbital | 0,940 Tm (6,283 AU) |
Excentricidade orbital | 0,016 710 22 |
Perihelio | 147 098 074 km (0,983 289 9 AU) |
Afelio | 152 097 701 km (1,016 710 3 AU) |
Ano sidéreo (Período orbital sidéreo) | 365,256 96 días (1,000 019 1 a) |
Período Sinódico | n/d |
Velocidade Orbital Media | 29 783 km/s |
Velocidade Orbital Máxima | 30 287 km/s |
Velocidade Orbital Mínima | 29 291 km/s |
Inclinación Orbital en relación coa Eclíptica | 0,000 05° (7,25° respecto ó ecuador solar) |
Lonxitude do nodo ascendente | 348,739 36° |
Argumento do perihelio | 114,207 83° |
Satélites | 1 (Lúa), ver tamén 3753 Cruithne |
Características físicas | |
Diámetro ecuatorial | 12 756,28 km |
Diámetro Polar | 12 713,56 km |
Diámetro medio | 12 742,02 km |
Aplastamento | 0,003 35 |
Circunferencia Ecuatorial | 40 075 km |
Circunferencia Polar | 40 008 km |
Área superficial (superficie) | 510 067 420 km² |
Volume | 1,0832×1012 km³ |
Masa | 5,9736×1024 kg |
Densidade | 5,515 g/cm³ |
Gravidade no Ecuador | 9,780 m/s² 1 (0,997 32 gee) |
Velocidade de Escape | 11,186 km/s |
Día Sidéreo (Período de rotación sidéreoSidereal rotation period) | 0,997 258 d (23,934 h) |
Velocidade de Rotación | 1674,38 km/h = 465,11 m/s (no ecuador) |
Inclinación do eixe de xiro | 23,439 281° |
Ascensión Recta do Polo Norte |
0° (0 h 0 min 0 s) |
Declinación | 90° |
Albedo | 0,367 |
Temperatura Superficial Media - min - media - max |
185 K 287 K 331 K |
Presión Atmosférica Superficial | 100 kPa |
Constituíntes Atmosféricos | |
Nitróxeno | 77% |
Osíxeno | 21% |
Argon | 1% |
Dióxido de Carbono Vapor de auga |
trazas |
A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar, onde habitan os humanos entre outras moitas especies.
A Terra formouse fai 4.570 millóns de anos, ao igual que o resto do sistema solar.A súa distancia media ó Sol é considerada a Unidade Astronómica (AU) ('Astronomical unit'), igual a 149 597 870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011m. Ten un só satélite, a Lúa.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia da Terra.
A Terra formouse fai 4'567 billóns de anos a partir da nebulosa solar, xunto có Sol e os outros planetas do sistema solar. A Lúa formouse máis tarde, posiblemente coma resultado do impacto dun obxecto do tamaño de Marte. A primeira molécula auto-replicante apareceu fai 4.000 millóns de anos aproximadamente.
O desenrolo da fotosíntese permitíu as formas de vida primitivas obter directamente a enerxía solar, producindo osíxeno que se acumulou na atmósfera dando lugar á capa de ozono. As primeiras células complexas que apareceron foron as chamadas eucariotas. As células que se atopaban en colonias comezaron a especializarse cada vez máis, dando lugar os primeiros organismos multicelulares.
Durante centos de millóns de anos a superficie terrestre cambiou continuamente, formando e rompendo continentes. Aproximadamente fai 750 millóns de anos comezou a romperse o primeiro gran continente coñecido, Rodinia. Posteriormente os continentes recombinaronse para formar Pannnotia fai uns 500 millóns de anos, ata que finalmente formaron a Pangaea, a cal rompeuse fai 180 millóns de anos.
Dende os anos 60 pénsase que varias glaciacións ocorreron durante o periodo neoproterozoico, cubrindo a terra cunha capa de xeo. Estas prececeron á explosión cambriana, periodo no que as formas de vida multicelulares comezaron a proliferar.
Dende a explosión cambriana, fai uns 535 millóns de anos, ocorreron 5 extincións masivas. A última delas tivo lugar fai 65 millóns de anos, cando se extinguiron os dinosaurios e outros grandes reptís. Tras esto, os mamíferos comezaron a diversificarse dando lugar a moitas especies, entre elas os seres humanos.
[editar] Hidrosfera
- Ver artigo principal: Hidrosfera.
A abundancia de auga na Terra é un dos factores que distinguen ao "Planeta Azul" do resto de planetas do sistema solar. Aproximadamente o 70'8% da Terra esta coberta de auga e soamente un 29'2% da mesma é terra firme.
A hidrosfera da Terra abarca os océanos principalmente, pero tamén se inclúen nela tódalas augas que existen no planeta, incluíndo os mares, lagos, ríos e augas soterradas.
[editar] Atmósfera
- Ver artigo principal: Atmósfera.
A atmósfera da Terra non ten un límite definido, se non que vai sendo máis fina ata desvaecerse no espacio a medida que se atopa máis lonxe da Terra. A atmósfera terrestre divídise nas seguintes partes: troposfera, estratosfera, mesosfera e termosfera.
A presión atmosférica media na superficie da Terra é de 101.325 kPa. Está composta nun 78% por nitróxeno e nun 21% por osíxeno, ademáis de cantidades menores de outras moléculas gaseosas coma por exemplo vapor de auga. A atmósfera protexe as formas de vida presentes na Terra absorvendo a radiación solar ultravioleta, moderando a temperatura, transportando o vapor de auga (nubes) e proporcionando gases útiles para a vida (osíxeno).
[editar] Clima
- Ver artigo principal: Clima.
A Terra dúas grandes rexións polares, dúas estreitas zonas temperadas e unha ampla rexión tropical. As precipitacións varían moito dunhas zonas a outras, podendo ser de varios metros de auga por ano nunha zona ata menos dun milimetro de auga por ano en outras.
[editar] Biosfera
- Ver artigo principal: Biosfera.
As formas de vida do planeta forman a biosfera do mesmo. Créese que esta biosfera comezou a evolucionar aproximadamente fai 3500 millóns de anos. A Terra é o único planeta coñecido que posee unha biosfera.
A biosfera divídese nunha serie de biomas, cada un deles habitados por unha similar e ampla flora e fauna. Os biomas terrestres do Ártico, Antártico ou de grandes altitudes son relativamente escasos en canto a vida vexetal e animal, mentres que os biomas máis poboados son os cercanos ao ecuador.
[editar] A Terra vista dende o espazo
Espacialmente, a Terra non é máis ca un planeta do Sistema Solar interno, caracterizado pola cantidade de auga que alberga e a vida que se desenvolve na súa superficie.
Chama a atención vista dende o espazo sendo iluminada polo Sol, a súa cor azulada, amosando os océanos como principal característica visual.
A representación da superficie terrestre non é doada de facer sobre un papel, pois necesita dalgún tipo de proxección, o que deforma a imaxe, superficies ou ángulos.
De noite, o que máis chama a atención é a actividade humana manifestada polas luces das cidades.
Se nos alonxamos no espacio, a Terra é inseparable da Lúa, que só deixa de ser visible cando queda detrás dela. Nesta imaxe vése o tamaño relativo da Terra e da Lúa, así como a súa distancia nun momento dado:
Planisferio:
Sistema Solar | |
---|---|
Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |