Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Ernesto Rafael Guevara de la Serna - Wikipedia

Ernesto Rafael Guevara de la Serna

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ernesto Rafael Guevara de la Serna
Nome completo: Ernesto Rafael Guevara de la Serna
Data de nacemento: 14 de xuño de 1928
Lugar de nacemento: Rosario, Arxentina
Data de falecemento: 9 de outubro de 1967
Lugar de falecemento: La Higuera, Bolivia
Partido político: Movemento do 26 de xullo
Cargo(s): Presidente do Banco Nacional de Cuba
Ministro de Industria de Cuba
Profesión: Político, médico e escritor

Ernesto Rafael Guevara de la Serna (14 de xuño [1] de 1928; 9 de outubro de 1967), coñecido como Che Guevara ou el Che, foi un revolucionario marxista e líder da guerrilla cubana, nado en Rosario, Arxentina o 14 de xuño de 1928, morto en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967). Fillo de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna y Llosa.


En 1952, co seu amigo Alberto Granado, bioquímico, Guevara realizou un soño: atravesou a América do Sur nunha vella moto coñecida polo nome de La Poderosa. Nesa viaxe, Guevara comezou a ver a América do Sur como unha única entidade económica e cultural que precisaba unirse. El viu a miseria e a impotencia das masas e concluíu que a única maneira de rematar coas desigualdades sociais era a revolución. De volta á Arxentina, acabou os estudos de Medicina en 1953 e pasou a se dedicar á política.


En 1954, no México a través de Ñico López, un amigo das loitas na Guatemala, coñeceu a Raúl Castro que logo o presentaría ao seu irmán máis vello, Fidel Castro. Este último organizou e liderou o movemento guerrilleiro 26 de xullo, ou M26, en referencia a José Martí e que tiña por obxectivo tomar o poder en Cuba. Guevara fai parte dos 82 homes que parten para Cuba en 1956 con Fidel Castro e dos cales só sobreviverían 12 (número que levanta controversias; algúns din que Fidel insiste neste número para asocialos aos 12 discípulos de Cristo).

É durante ese ataque cando o Che, o médico do grupo, deixou a maleta médica por unha caixa de munición dun compañeiro abatido, un momento que tempo despois definiría como o marco divisor na súa transición de doutor a combatente.

De seguida eles instálanse nas montañas da Sierra Maestra, onde inician a guerrilla contra o ditador cubano Fulgencio Batista, que estaba apoiado polos Estados Unidos.

Os rebeldes fortalécense lentamente, aumentando o seu armamento, recadando apoio e o recrutamento de moitos campesiños, intelectuais e traballadores urbanos. Guevara mostra gran coraxe e talento en combate e logo tórnase un dos homes de confianza de Fidel Castro.

Índice

[editar] Triunfo da Revolución, presidente do Banco Nacional

O Che converteuse na man dereita de Fidel Castro e é nomeado presidente do Banco Nacional de Cuba e logo ministro de Industria.

Mantivo entrevistas cos principais líderes do momento: Nasser (República Árabe Unida), Nehru (India), Tito (Yugoslavia), Kruschev (Unión Sovética), Mao Tse Tung (China), Haedo (Uruguai), Frondizi (Arxentina), Quadros (Brasil) e Ben Bela (Alxeria). Pronunciou discursos ante a Asemblea Xeral da ONU e nunha reunión do Consello Económico e Social da OEA.

En 1959 casou con Aleida March e xuntos visitaron Exipto, India, Xapón, Indonesia, Paquistán e Iugoslavia. De volta a Cuba, como ministro de Industria, asinou un pacto de negocios coa URSS que liberou á industria azucareira cubá da dependencia do décimo do mercado de EE.UU. (febreiro 1960). Das experiencias que o Che obtivo durante a revolución cubá, naceu un axioma: "Non é necesario agardar ata que todas as condicións para a revolución existan, o foco insurreccional pódeas criar". E como Mao Zedong, el creu que o campo debía levar a revolución ás cidades en países predominantemente agrícolas. O Che escribiu moito sobre a criación do home novo, como condición necesaria para a Revolución, parte do seu pensamento obsérvase en: "O home realmente chega ao seu estado de completa humanidade cando el produce, sen ser forzado por necesidade física a se vender a si mesmo como mercadoría".

En 1965, Guevara deixou Cuba para propagar os ideais da revolución cubana polo mundo coa axuda de voluntarios de varios países latinoamericanos.

Parte primeiro para o Congo, na África (onde se atopa con Kabila). Despois do fracaso dos combates no Congo, parte para a Bolivia, onde tenta estabelecer unha base guerrilleira para loitar pola unificación dos países da América Latina. Mais enfrenta dificuldades co terreo descoñecido e en conquistar a confianza dos campesiños. É finalmente cercado e capturado o 8 de outubro de 1967 e executado ao día seguinte por un comando ás ordes de axentes da CIA. Os boatos que cercaron a execución de Che Guevara levantaron dúbidas sobre a identidade real do guerrilleiro, que utilizaba documentos uruguaios falsos. A confusión estabelecida en torno do caso culminou no desaparecemento do seu corpo, que só se atopou trinta anos despois.

En 1997 foron atopados os seus restos mortais, por investigadores nun enterramento común, xunto a outras osadas, na cidade de Vallegrande, a cerca de 50 Km de onde ocorreu a súa execución. A súa osada estaba sen as mans, que segundo consta en relatos non oficiais, serían amputadas para o recoñecemento da súa identidade despois da súa morte. Os seus restos mortais foron transferidos para Cuba, onde se enterraron o 17 de outubro dese ano con honras de Estado na presenza de membros da súa familia e do líder cubano e antigo compañeiro de revolución Fi((del Castro.

[editar] O nacemento dunha icona

A foto de Alberto Korda que diu a volta au mundo
A foto de Alberto Korda que diu a volta au mundo

É o retrato fotográfico probablemente o máis famoso do mundo, representa o Che, vestido dun enredado militar cuberto dunha cazadoira, unha boina posta sobre a cabeza cunha estrela. É o 5 de marzo de 1960. Un millón de persoas asisten no cemiterio de Colón, na Habana, a un explosivo discurso de Fidel Castro. Trátase de homaxear ás vítimas (entre 70 e 100 mortos segundo as fontes) do atentado atribuírao á CIA contra o buque de carga francés La Coubre que descargaba, a véspera, armas compradas por Cuba a Bélxica.

Cemiterio de Colón, na Habana
Cemiterio de Colón, na Habana

Na tribuna oficial, xunto co Líder máximo, atópanse, entre outras persoas, os intelectuais franceses Jean Paul Sartre e Simone de Beauvoir. O fotógrafo do diario Revolución, Alberto Diaz Gütierrez Korda, asiste a esta concentración. No seu libro As 100 fotografías do século (éd. do Chêne, 1999), di:

« Eu non vira o Che, que estaba na parte traseira da tribuna. Ata que se avanza para abarcar da mirada ao xentío acumulado sobre quilómetros. Tiven exactamente o tempo de tomar unha fotografía horizontal, logo unha segunda vertical [...), prefería a vertical, pero había a cabeza dun home que excede por encima do ombreiro do Che. Decidín entón recadar a fotografía horizontal eliminando o perfil dun home (á esquerda) e dunha palmeira (á dereita). »

Fai varias tiradas incluídas unha que ofrece a Giangiacomo Feltrinelli, con motivo dunha viaxe do editor italiano á Habana. E pasan sete anos, ata o 9 de outubro de 1967, día en que o exército boliviano abate a Ernesto "Che" Guevara. Feltrinelli lanza ao mercado a fotografía tomada por Korda, da cal obtén un millón de posters vendidos 5 dólares peza, coa única mención "Copyright Feltrinelli".

Esta fotografía vai dar a volta ao mundo. E pasa a ser unha icona. Alberto Korda á súa vez, non se fará famoso que a metade dos anos noventa, tempo ao cal comezará a recibir os dereitos de autor. Korda faleceu en maio do 2001.

[editar] O Che vive

«Son o Che e vallo máis vivo que morto». Estas foron as palabras con que Ernesto Che Guevara ameazou aos seus capturadores un día antes de ser fusilado na Higuera (Bolivia), o 9 de outubro de 1967. Aquel guerrilleiro acurralado non podía imaxinar entón que a súa morte converteríao en lenda. Menos aínda que a industria capitalista ía ser a encargada de facer da lenda, mito.

Estatua do Che en Bolivia
Estatua do Che en Bolivia

Un ano logo da súa execución, os estudantes europeos xa levantaban a súa imaxe en bandeiras e estandartes nas súas manifestacións; a súa imaxe imprimíase por millóns e o icona do Che resultaba rendible en todo o globo. O seu odio contra o imperialismo reciclaríase en simpáticas camisetas para lucir nas High School norteamericanas e a súa visión ecuménica da Revolución quedaría acantoada pola utilización que fixo Fidel Castro da súa figura como heroe oficial do réxime cubano.

Dabondo sabía o Che que, igual que mataba, podería morrer polas súas ideas en calquera momento. E ese momento chegou en 1967, en Bolivia, atrapado por rangers bolivianos adestrados por EEUU. «¡Serénese e apunte ben! ¡Vai vostede a matar a un home!», foi a súa última frase. E o verdugo debeu tremer no último momento porque, se algo quedou abofé logo daquel disparo é que ¡O Che Vive!

[editar] O Che hoxe en día

Xóvenes cunha bandeira do Che
Xóvenes cunha bandeira do Che

A imaxe do Che é mítica en toda a América Latina. Na localidade onde foi asasinado en 1967 érguese actualmente unha estatua na súa homenaxe. Pasou a ser coñecido na rexión como "San Ernesto de La Higuera" e dáselle case culto como santo pola poboación local.

A morte do Che case coincidiu cos acontecementos de Maio do 68, e nas súas manifestacións foi a súa efixie unha das máis presentes. Ten aparecido nas manifestacións da esquerda de medio mundo, dando lugar incluso a un movemento ideolóxico chamado Guevarismo. A súa imaxe aparece en camisetas, bandeiras, anuncios, etc. E, aínda que hoxe en día case todo o mundo está en contra do réxime actual de Cuba, o Che segue a disfrutar de moitos seguidores ou simpatizantes, que ven nel ideais de xustiza e que da a imaxe romántica do home que morre polas súas ideas.

Moitos cantantes dedicáronlle cancións, como Carlos Puebla (Hasta siempre comandante Che Guevara) e Silvio Rodríguez.


[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

  1. Existen indicios de que o Che Guevara naceu o día 14 de maio e non o 14 de xuño como oficialmente a data é coñecida. A data precisa foi descuberta polo escritor John Lee Anderson ao entrevistar a unha das amigas da nai do Che, que lle revelou que na época do nacemento del, a súa nai Celia, tivo que adiantar a data nun mes porque ela casara embarazada e, se non o fixese, a súa familia descubriría o seu segredo.

[editar] Ligazóns externas

Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu