Libia - ليبيا
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||
Lingua oficial | árabe | |
Outras linguas | berbere, italiano | |
Capital | Trípoli | |
Xefe do Estado | Muamar Kadhafi | |
Superficie - Total - % auga |
Clasificada 16 1 759 540 km² Desprezable |
|
Poboación - Total (2003) - Densidade |
Clasificada 105 5 499 074 habitantes 3,13hab./km² |
|
Independencia - Data |
de Italia 24 decembro 1951 |
|
Moeda | dinar Libio | |
Fuso horario | UTC +2 | |
Hino nacional | Allah Akbar | |
Dominio Internet | .ly | |
Prefixo telefónico | 218 | |
Libia é un país norteafricano. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste coa Tunisia (459 km) e Alxeria (982 km), ao sur con Níxer (354 km) e Chad (1 055 km) e ao este co Sudán (383 km) e o Exipto (1 115 km). Toma o nome dunha tribo bereber chamada Lebu.
Na Grecia antiga, o termo era utilizado nun senso máis amplo, comprendendo toda a Africa do Norte ao oeste do Exipto. As tres partes tradicionais do país son a Tripolitania, Fezzan e a Cirenaica.
[editar] Historia
Esta antiga colonia italiana está hoxe populada por aproximadamente 5 368 585 habitantes, a maioría árabe e bereber. Aínda que a lingua oficial sexa o árabe, o italiano e mailo ingles son tamén dabondo coñecidos.
Independente no 1951, a Libia pasa no 1969 ao control de Muamar Kadhafi, un coronel do exército que trata de desenvolver unha politica baseada no panarabismo e o socialismo de Estado.
O seu réxime está pouco a pouco sendo admitido pola comunidade internacional, que o rexeitara inicialmente a causa da súa participación en varios atentados terroristas e mailo seu sostén a certos movimentos de rebelion durante os anos 80.
Neste achegamento a Occidente, Libia desmantelou no 2003 o seu programa nuclear.
[editar] Subdivisións
Libia está dividida en 25 concellos :
- Ajdabiya
- Al Aziziyah
- Al Fatih
- Al Jabal al
- Akhdar
- Al Jufrah
- Al Khums
- Al Kufrah
- An Nuqat
- Al Khams
- Ash Shati
- Awbari
- Az Zawiyah
- Banghazi
- Darnah
- Ghadamis
- Gharyan
- Misratah
- Murzuq
- Sabha
- Sawfajjin
- Surt
- Tarabulus
- Tarhunah
- Tubruq Yafran
- Zlitan.
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |
Categorías: Países | África | Libia