Lingua castelá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Español ou castelán (Español ou castellano) | |
---|---|
Falada en: | España, Hispanoamérica, comunidades dos Estados Unidos, Guinea Ecuatorial, Sáhara Occidental e Filipinas |
Rexións do planeta: | Europa Occidental, América, África, Océano Pacífico occidental. |
Total de falantes: | 333 millóns (primeira lingua) 92 millóns (primeira o segunda lingua) |
Posición: | 2a-4a |
Familia lingüística: | Indoeuropea Itálica |
Status oficial | |
Língua oficial de: | España, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Unión Europea, Uruguai e Venezuela. |
Regulada por: | Asociación de Academias da Lingua Española |
Codificacións | |
ISO 639-1 | es |
ISO 639-2 | spa |
Véxase tamén: Linguas románicas – Lingua |
O castelán, ou español, é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en boa parte de España e América do Sur, como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a terceira lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e do inglés, pero a segunda en relevancia, se se observa que o mandarín non actúa como lingua internacional.
Índice |
[editar] Nomes
A lingua castelá ten dous nomes, español e castellano. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais (galego, catalán, éuscaro...); o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional.
[editar] Historia
O nacemento da lingua castelá pode situarse na época da Reconquista, en terras de Cantabria. Ó longo de toda a Idade Media, estendeuse por España ó mesmo tempo que o reino de Castela ía arrebatando terreos a Al-Andalus.
A posterior política centralizadora dos reis da España unificada (dende os Reis Católicos) levouna a convertirse, durante moitos anos, na lingua de prestixio en todo o territorio do Estado, tanto na metrópole como nas colonias en América, Filipinas, etc.
Na actualidade, atópase estendida pola meirande parte do territorio de España e América Central e do Sur (agás Brasil e outros estados como Surinam, Güiana, Güiana Francesa, etc.). Conta con importantes comunidades de falantes en Estados Unidos e moitos outros lugares do mundo.
[editar] Variantes e lingua estándar
Debido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta con unha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión.
A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.
Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, utilízase tú para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); en Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).
Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.
[editar] Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas
- perda do F- inicial latino;
- enxordecemento do sistema de sibilantes;
- ditongamento das vogais breves medias latinas;
- artigo masculino antianalóxico el;
- orde de constituíntes SVO (suxeito-verbo-complementos);
- existencia dunha consoante fricativa interdental xorda.
Linguas románicas con tradición literaria |
---|
aragonés | asturiano ou leonés | castelán ou español | catalán | dálmata* | francés | francoprovenzal | galego | italiano | lombardo | occitano | portugués | retorrománico | romanés | sardo |
* lingua extinguida |
Linguas oficiais da Unión Europea | ||
---|---|---|
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
Fonte: Sitio da Unión Europea |