Óutara, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Óutara (Santa María) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Eirexalba e Santa Cruz do Incio (O Incio); ó sur con Canedo e A Ferreirúa, ó leste con Hospital e San Pedro do Incio (O Incio) e, ó oeste con Laiosa (O Incio). En 1991 contaba con 70 habitantes agrupados nas entidades de A Airavella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Provenza, O Pumar e A Rúa do Pozo e cunha densidade media de 12,5 hab/km².
O topónimo de "Ouctar" aparece en un documento da catedral de Lugo do século XIII. Nos límites de esta parroquia encontrouse unha estatuilla romana.
As festas de Óutara celébranse en agosto na honra á Virxe do Carme.