Castrosante, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Castrosante (Santa Mariña) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Santalla de Rei, ó sur con Cereixa e A Pobra de Brollón, ó leste con Saa e, o oeste con Eixón. Contaba no ano 1991 con 56 habitantes agrupados nas entidades de Alto da Santa Lucía e Castrosante.
As festas da parroquia celébranse en agosto na honra a San Roque.