Parada dos Montes, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parada dos Montes (Santa Einés) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Saa; ó sur con Salcedo; ó leste con Vilamor do Courel (O Courel) e, ó oeste con Lamaigrexa e Saa. En 1991 contaba con 64 habitantes agrupados nas entidades de Couso, Parada dos Montes e Río de Bois, cunha densidade media de poboación de 6,8 hab/km². O templo parroquial é do século XIX.