Piño, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Piño (Santa María) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Está delimitada por Freituxe ao norte; A Parte e Eixón polo sur; A Ferreirúa, Veiga e Santalla de Rei polo leste e, Mosteiro e Ribas Pequenas polo oeste. No ano 1991 contaba con 166 habitantes agrupados nas entidades de Corral da Gándara, O Lugar, O Pacio, O Requeixo, Suhortos e Vales, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 24 hab./Km².
As festas da parroquia celébranse na honra a Santa Bárbara a semana da Ascensión. En agosto celebrase outra festa na honra a Santa María.
En alguns documentos do século XIII esta feligresía aparece co nombre de "Ecclia Pinu, Sancta María".