Pinel, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pinel (Santa María) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Cereixa; ó sur con Liñares; ó leste con Abrence e, ó oeste con Chavaga e Bascós (Monforte). En 1991 contaba con 49 habitantes agrupados nas entidades de Cabo, A Campaza, As Casas, A Eirexa e A Lama, cunha densidade media de poboación de 25,8 hab/km².