A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Pobra do Brollón (San Pedro) é a parroquia da capital do municipio da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda con Castrosante e Saa polo norte; Cereixa e Castroncelos polo sur; Lamaigrexa polo leste e, Cereixa polo oeste. En 1991 contaba con 366 habitantes agrupados nas entidades de Arribas, O Brollón, Fontela, A Pobra do Brollón e Santo Adrián, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 98,9 hab./Km².
A antiga xurisdición da Pobra abarcaba os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademáis dos términos do coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A vila da Pobra ostentou foros particulais otorgados polos reis Sancho O Bravo e Fernando O Emperador.
As festas celébranse na honra o Corpus Christi no mes de xuño.