Lamaigrexa, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lamaigrexa (San Pedro) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda con Saa ó norte; ó sur con Castroncelos e Salcedo; ó leste con Salcedo e Parada dos Montes e, ó oeste con Castroncelos e A Pobra do Brollón. En 1991 contaba con 193 habitantes agrupados nas entidades de Carril, Lamaigrexa, Martul de Alende, Recemunde, Tudriz, A Vila e Vilar de Peras, cunha densidade media de 17,2 hab./km². O templo parroquial é do século XVIII.