Eixón, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eixón (San Xurxo) é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Está delimitada polos termos parroquiais de Piño polo norte; Fornelas polo sur; Castrosante polo leste e, Valverde polo oeste. Contaba en 1991 con 132 habitantes agrupados nas entidades de Alende, Barrio de Arriba, A Lama, A Nogueira e A Vila, sendo a súa densidade media, para ó mesmo ano, de 23,5 hab./Km².
Na parroquia de Eixón celébranse 2 festas na honra a San Xurxo, en abril; e na honra o San Bartolomé a finais do mes de agosto.
Esta parroquia, de presentación dos condes de Lemos na Idade Media, aparece nos documentos medievais baixo a grafía de "Eijión".