Salcedo, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Salcedo (San Xoán) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Lamaigrexa e Castroncelos; ó sur con Barxa de Lor, Quintá de Lor (O Courel) e Vilar de Lor (O Courel), ó leste con Vilamor e Vilar de Lor e, ó oeste con Lamaigrexa e Castroncelos. En 1991 contaba con 247 habitantes agrupados nas entidades de Beirán, Domiz, O Pereiro e Salcedo, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 12,3 hab./Km².