Liñares, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liñares (San Cosme) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda ó norte con Abrence e Pinel; ó sur con Rozavales (Monforte) e Vilachá; ó leste con Quintá de Lor (Quiroga) e, ó oeste con Vilamarín e Sindrán (Monforte). En 1991 contaba con 43 habitantes agrupados nas entidades de Covos, Guariz, Liñares e Santiorxo e cunha densidade media de 4,3 hab/km².