Fornelas, A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fornelas (Santa Comba) é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Limita ó norte con Eixón, ó sur e o leste con Cereixa e ó oeste ca Parte. En 1991 contaba con 114 habitantes agrupados nas entidades da Arcoia, O Campo, A Corredoira, O Fondón, Lugar de Arriba, Lugar de Abaixo e O Pumar, cunha densidade media de 36,7 hab./km².
As festas da parroquia celébranse o primeiro domingo de agosto na honra a San Antón.