Arxentina - Argentina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A República Arxentina é o segundo país máis extenso de América do Sur e o noveno en extensión de todo o planeta. A súa superficie é de arredor de tres millóns de quilómetros cadrados. Limita ao oeste con Chile, ao norte con Bolivia e Paraguai, ao norleste con Brasil e ao leste con Uruguai.
|
|||
Lema nacional: “En unión e liberdade” | |||
![]() |
|||
Lingua oficial | Castelán | ||
Capital Federal | Cidade Autónoma de Buenos Aires | ||
Presidente actual | Néstor Kirchner (electo en 2003) | ||
Superficie - Total - % agua |
Lugar n.º 8 2.766.890 km² ¹ 1,1% |
||
Poboación
- Densidade |
Lugar n.º 31 36.260.130 14/km² |
||
Independencia - Data |
de España 9 de xullo de 1816 |
||
Constitución | Constitución da Nación Arxentina | ||
Moeda | Peso | ||
Zona horaria | UTC -3 | ||
Himno nacional | Oíd, mortales (1813) | ||
Dominio Internet | .AR | ||
Código telefónico internacional | 54 | ||
(1) Arxentina tamén reclama 1.000.000 km² da Antártida , as Illas Malvinas, Xeorxias do Sur e Sandwich do Sur |
Índice |
[editar] Historia
A rexión noroeste da Arxentina formaba parte do imperio inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómadas. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España.
O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome de Arxentina das planchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas.
O país independizóuse de España en 1816, tralo cal producíronse desputas internas entre faccións federalistas ("federales") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994.
A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberales-civiles. Trala segunda guerra mundial, produciuse o trunfo do movimento popular peronista.
Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precendentes a finais de 2001.
[editar] Goberno e Política
Desde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Políticamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente na actualidade é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994.
- Lista de presidentes de Arxentina
[editar] Provincias de Arxentina
O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias:
|
|
|
|
Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires.
[editar] Xeografía
Véxase: Xeografía de Arxentina.
A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, serranías no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrico, constantemente surcada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile.
O pico más alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 metros. No centro do país atópase a chatura pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao norte atopamos ao leste unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano.
[editar] Economía
As riquezas naturais da Arxentina son inmensas. A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar Arxentino, rico en especies como pescada, salmón, etc. Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata, etc.
[editar] Demografía
A poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades.
Os indíxenas, cuxo número ronda actualmente os 700.000, conservan tamén as súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, norleste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenencia a pobos indíxenas co propósito de realizar con posterioridade unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena.
Malia ser o español o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos.
A relixión oficial en Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante.
[editar] Cultura
- Cine argentino
- Lista de Argentinos Reconocidos
- Música de Argentina
- Tango
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | Año Nuevo | |
marzo-abril | Venres Santo | Viernes Santo | |
2 de abril | Día do Veterano de Guerra e dos Caídos na Guerra das Malvinas | Día del Veterano de Guerra y de los Caídos en la Guerra de las Malvinas | |
8 de abril | Epifanía | Epifanía | |
1 de maio | Día do Traballador | Día del Trabajador | |
25 de maio | Primeiro Governo Nacional | Primer Gobierno Nacional | |
20 de xuño | Día da Bandeira - Morte do xeneral Manuel Belgrano | Día de la Bandera - Muerte del general Manuel Belgrano | |
9 de xullo | Día da Independencia | Día de la Independencia | |
17 de agosto | Morte do xeneral José de San Martín | Muerte del general José de San Martín | |
12 de outubro | Día da Raza | Día de la Raza | |
8 de decembro | Inmaculada Concepción de María | Inmaculada Concepción de María | |
25 de dicembro | Nadal | Navidad |
[editar] Véxase tamén
Países do mundo | América do Sur |
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela |
Países con parte do seu territorio en América do Sur |