Plutón (planeta anano)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Plutón é un planeta anano do Sistema Solar. Foi descuberto o 18 de febreiro de 1930 por Clyde William Tombaugh (1906-1997) dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona. Ata que a Unión Astronómica Internacional modificou a definición de planeta o 24 de agosto de 2006 foi considerado un planeta.
Índice |
[editar] Órbita
A súa órbita é moi excéntrica, e durante 20 dos 249 anos que tarda en percorrela, está máis cerca do Sol ca Neptuno.
A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo de que se encontre con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan, fano na proximidade dos seus extremos verticais, de xeito que hai unha grande distancia entre ambas.
A máxima aproximación (perihelio) foi en setembro de 1989. Plutón estivo máis próximo do sol ca Neptuno ata o mes de marzo de 1999. Non voltará cruzar a órbita de Neptuno para estar máis próximo do sol ca este ata setembro do 2226.
[editar] Satélite
Caronte, o único satélite de Plutón, ten características especiais. Ten 1.192 km de diámetro e está a 19.640 km do planeta.
Co tempo, a gravidade freou as rotacións de Caronte e Plutón, polo que agora se presentan sempre a mesma cara mutuamente. A rotación desta parella é única no Sistema Solar. Parece como se estivesen unidos por unha barra invisible e xirasen arredor dun centro situado na barra, máis achegado a Plutón, que ten 7 veces máis masa ca Caronte. Adoita dicirse que constitúen un planeta dobre.
Pola súa densidade, Plutón parece feito de rochas e xeo. O seu satélite é moi lixeiro. Esta diferencia fai pensar que se formaron de xeito separado e logo se uniron.
[editar] Atmosfera
Plutón ten unha fina atmosfera, formada por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que xea e cae sobre a superficie cando se vai alonxando do Sol. A NASA prepara a misión “Pluto Express” para que chegue a Plutón o ano 2008, antes que xee a atmosfera (Serán un par de naves pequenas e rápidas que pasarán a menos de 15.000 km do planeta).
[editar] ¿Planeta ou asteroide?
O pequeno tamaño de Plutón con frecuencia levou a que moitos científicos non se refiran a el como un auténtico planeta. aínda se pensou a súa inclusión na lista de asteroides, co número 10.000. Despois o asteroide 1951 SY recibiu de xeito definitivo o número, sendo nomeado como Myriostos.
[editar] Ligazóns
Sistema Solar | |
---|---|
Sol · Mercurio · Venus · Terra · Marte · Ceres · Xúpiter · Saturno · Urano · Neptuno · Plutón · Eris |
|
Cinto de asteroides | Cinto de Kuiper | Nube de Oort |