URSS - СССР
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión Soviética, de nome completo Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) foi un país de proporcións continentais, cubrindo practicamente 1/6 das terras emerxidas do planeta, fundado no 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, na Europa e na Asia, cun número que variou ao longo do tempo, mais foi de 15 durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a Guerra Fría, ata á súa disolución o 26 de decembro de 1991.
|
|||||
Lema nacional: Пролетарии всех стран, соединяйтесь! (Ruso: Traballadores do mundo, unídevos!) |
|||||
Lingua oficial | Ningunha; Ruso de facto | ||||
Capital | Moscova | ||||
Área - Total - % auga |
1º antes do colapso 22.402.200 km² ?% |
||||
Poboación - Total - Densidade |
3º antes do colapso 293.047.571 (Xullo de 1991) 13.08/km2 (Xullo de 1991) |
||||
Independencia - Declarada - Recoñecida |
30 de decembro de 1922 1º de febreiro de 1924 |
||||
Disolución | 26 de decembro de 1991 | ||||
Moeda | Rublo | ||||
Fuso horario | UTC +3 a +11 | ||||
Himnos nacionais |
A Internacional (1922-1944) Himno da Unión Soviética (1944-1991) |
||||
Código Internet | .SU |
Índice |
[editar] Historia da Unión Soviética
Véxase artigo principal Historia da Unión Soviética
[editar] Revolución de 1905
O ano de 1905 é considerado o prólogo da Revolución Rusa. A Rusia tsarista acabara de ser derrotada nunha guerra contra un Xapón pequeno e tecnoloxicamente atrasado. A derrota abalou a popularidade do tsar Nicolau II, e a revolta interna que se seguiu serviría de precedente para a revolución de 1917.
[editar] Revolución de 1917
O Partido Socialdemócrata Ruso, dividido nas correntes Bolxevique e Menxevique (en ruso maioría e minoría respectivamente) escomezou a Revolución Rusa no 1917, en dúas etapas distintas. O derrube do tsar ocorreu en Febreiro, sendo instaurada entón unha república cunha estrutura de poder que desde cedo se dividiu entre un parlamento convencional e soviets (consellos) populares que non se recoñecían mutuamente. As tensións así xeradas desembocaron na Revolución de Outubro, en Novembro de 1917.
[editar] Guerra Civil
Entre 1918 e 1922, logo da Revolución Bolxevique, tivo inicio a Guerra Civil na Rusia, entre os revolucionarios (vermellos) e os contra-revolucionarios (brancos), que tiveron o auxilio de tropas estranxeiras de intervención, enviadas por Francia, Reino Unido, Xapón e Estados Unidos.
[editar] Nova Política Economica
Lenin implementou a NEP, sigla para Nova Política Economica, que recuperou alguns trazos de capitalismo para incentivar a nacente economía soviética. A NEP, segundo Lenin, consistía nun recúo estratéxico caracterizado polo restablecemento da libre iniciativa e da pequena propriedade privada, admitindo o apoio de financiamentos estranxeiros.
[editar] Economía Planificada e Expurgos
No 1936, o réxime de Josif Stalin expulsou ou executou un número considerable de membros do Partido, entre eles moitos dos seus opositores, nos actos que ficaron coñecidos como os Grandes Expurgos, ou as Grandes Purgas.
A pesar de todo, eles acreditaban que este sería o camiño para o comunismo, mais o rumbo desa forma social xa estaba trazado de forma totalmente distinta do que Marx e Lenin pensaban, no canto de enfocarse cara á disolución do propio Estado e das clases sociais, o réxime baixo o comando de Stalin era camiñaba cara á cristalización (a idea de socialismo dentro dun só país). Entre as circunstancias que produciron ese efecto cóntanse as nacionalizacións e a aniquilación física da clase burguesa que o NEP tiña recriado, co recurso aos Gulags (campos de traballo na Siberia). Os verdadeiros comunistas critican esta forma que Stalin utilizou para liquidar a propiedade privada, por non concordaren con ela, e por acharen que ela só manchaba a imaxe do comunismo perante o mundo pois o mesmo efecto podería ter sido obtido sen a aniquilición física daquela clase. O desastre e a truculencia autoritaria das políticas stalinistas contribuíron moito para a deturpación do concepto creado por Marx, de ditadura do proletariado.
Despois das nacionalizacións, a economía foi planificada, de modo que esta puidese tirar proveito da súa nacionalización. De 5 en 5 anos pasouse a realizar planos quinquenais, nos cales se decidían que fondos serían aplicados e en que áreas.
[editar] Gran Guerra Patriótica
Do 1941 a 1945, a participación da Unión Soviética na Segunda Guerra Mundial ficou coñecida como a Gran Guerra Patriótica, combatendo os soviéticos contra as forzas invasoras da Alemaña nazista, ao lado dos Aliados ocidentais (aproximadamente 3 millóns de mortos rusos).
[editar] Desestalinización
O sucesor de Stalin, Nikita Kruschev, emprendeu unha política de denuncia dos abusos do seu antecesor. Durante o Congreso de 1956 do Partido Comunista da Unión Soviética, Kruschev divulgou unha serie de crimes de Stalin, renegando a herdanza do estalinismo, establecendo, así, unha nova postura e creando un novo paradigma para o comunismo internacional. A propaganda capitalista utilizou moitos dos argumentos enxendrados por Kruschev para facer frente á URS.
[editar] Carreira espacial
Como resultado da guerra fría, a Unión Soviética viuse envolvida nunha carreira pola conquista do espazo cos EUA. A Unión Soviética foi a nación que tomou a dianteira na exploración espacial ao enviar o primeiro satélite artificial, o Sputnik, e o primeiro home ao espazo, Yuri Gagarin. Grande parte dos feitos espaciais da Unión Soviética débense ao talento do enxeñeiro de foguetes Sergei Korolev, o enxeñeiro-xefe do programa espacial soviético, que convenceu ao líder Nikita Kruschov da importancia da conquista do Espazo.
[editar] Estabilidade e Estancamento
Entre 1956 e 1985, a Unión Soviética atinxiu o seu auxe xeopolítico e tecnolóxico. Entre tanto, tamén foi época de pouco crecemento economico e lentos avances na calidade de vida da poboación.
[editar] Gorbachev, Perestroika e Glasnost
Mikhail Gorbachev foi o derradeiro dirixente soviético. Asumiu o cargo de secretario xeral do PCUS (Partido Comunista da Unión Soviética) en marzo de 1985, substituíndo a Konstantin Chernenko, que faleceu naquel ano. A boa relacion cos membros do partido e a habilidade política foron factores que credenciaron a Gorbatchov para asumir o posto máis importante na xerarquía administrativa soviética. Defensor de ideas modernizantes, instituíu dous grandes proxectos innovadores ao conservadorismo dos dirixentes: a perestroika (reestruturación económica) e a glasnost (abertura política).
A Perestroika, que comezou no 1986, foi concibida para introducir un novo dinamismo na economía soviética, que pasaba por serios problemas. Para que os sectores económicos do país tivesen unha expansión cualitativa e cuantitativa, foron introducidos mecanismos para estimular a libre concorrencia (e acabar co monopolio estatal), desenvolver sectores secundarios de produción (bens de consumo e servizos non-esenciais) através da iniciativa privada e descentralizar as operacións empresariais. No campo, foi estimulada a creación de cooperativas por grupos familiares e arrendamento de terras estatais. A proposta tamén foi incentivar empresas estranxeiras a actuaren no país.
Na área política e social, a Glasnost pretendeu colocar novos paradigmas no modo de vida soviético. Para que a Unión Soviética tivese un desenvolvemento forte, era necesario colocar unha nova mentalidade en todos os segmentos da sociedade. Así, a proposta foi de acabar coa burocracia política, combater a corrupción e introducir a democracia en todos os niveis de participación política. A glasnost tamén liberou disidentes políticos e permitiu a liberdade de prensa e expresión.
Gorbachev enfrontouse a grandes resistencias da oligarquía e dos burócratas do partido (os apparatchiks) e acabou sendo destituído cando as repúblicas, lideradas por Rusia xá entón dirixida por un antigo apparatchik de nome Boris Yeltsin, se rebelaron contra o goberno central, decretando a fin da URSS.
[editar] Repúblicas Soviéticas
- Entre 1922 e 1936, as RSS de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán estiveron confederadas dentro da URSS formando a República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (RSSF Transcaucásica)
- Entre 1940 e 1956 existiu a RSS Karelo-Finesa
[editar] Líderes da Unión Soviética
- Secretarios-Xerais (dirixentes) do Partido Comunista
- Josif Stalin (1921-1953)
- Nikita Kruschov (1953-1964)
- Leonid Brexnev (1964-1982)
- Yuri Andropov (1982-1984)
- Konstantin Chernenko (1984-1985)
- Mikhail Gorbachev (1985-1991)
- Premieres
- Vladimir Ilitch Ulianov (Lenin) (1917-1924)
- Aleksei Rykov (1924-1938)
- V. M. Molotov (1938-1941)
- Xosif Stalin (1941-1953)
- Georgi Malenkov (1953-1955)
- Nikolai Bulganin (1955-1958)
- Nikita Kruschov (1958-1964)
- Aleksei Kosygin (1964-1980)
[editar] Vexa tamén
- Comunismo
- Socialismo
- Bolxevismo
- Moscú
- Lenin
- Stalin