Alemaña - Deutschland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Einigkeit und Recht und Freiheit |
|||||
Lingua oficial | Alemán¹ | ||||
Capital | Berlín | ||||
Maior cidade | Berlín | ||||
Presidente: | Horst Köhler | ||||
Chanceleresa: (Xefe de Goberno) |
Angela Merkel | ||||
Área - Total |
61º maior 357,022.90 km² |
||||
Poboación |
13º máis poboado 82,544,000 |
||||
Formación/ unificación |
Tratado de Verdún (843), 18 de xaneiro de 1871, |
||||
Moeda | Euro², moedas de euro alemanas | ||||
Fuso horario | UTC +1 | ||||
Himno nacional | Das Lied der Deutschen (Canción dos alemáns) |
||||
TLD (Internet) | .DE | ||||
Código telefónico | 49 | ||||
(1) O dinamarqués, o sorbio, o romano e o frisio son linguas oficialmente recoñecidas e protexidas como minoritarias. O baixo saxón é protexido pola Unión Europea. (2) Antes de 1999: marco alemán (Deutsche Mark) |
Alemaña (en alemán: Deutschland) é un estado federal da Europa central membro da Unión Europea. Alemaña está limitada ao norte polo Mar do Norte, por Dinamarca e polo Mar Báltico, ao leste por Polonia e pola República Checa, ao sur por Austria e por Suíza e ao oeste por Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. A capital de Alemaña é Berlín. A lingua nacional é o alemán.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia de Alemaña
O alemán é o sentimento de pertenza á nación alemá existente dende hai máis de mil anos, mais o país coñecido agora como Alemaña só foi unificado en 1871 en Versalles, cando o imperio alemán, dirixido pola Prusia, foi constituido. Alemaña formou un imperio con pobos de diferentes orixes nacionais por máis de 50 anos. Este foi o segundo "Reich" alemán. "Reich" é traducido xeralmente por "Imperio" mais pode tamén significar "Reino".
Tras a Segunda Guerra Mundial estivo dividida en dous estados a raíz da súa partición en catro administracións subordinadas a EUA, Reino Unido, Francia (que formarían a chamada Alemaña Occidental, República Federal de Alemaña) e URSS (que formaría no seu territorio a chamada Alemaña Oriental, República Democrática Alemá)
[editar] Política
- Véxase o artigo principal: Política de Alemaña
Alemaña é unha democracia constitucional federal, cuxo sistema político foi creado como a constitución de 1949, chamada Grundgesetz (Lei Básica). Ten un sistema parlamentario no que o xefe de goberno, o Bundeskanzler (Chanceler), é eleito polo parlamento
O parlamento, chamado Bundestag (Asemblea Federal), é eleito de catro en catro anos por voto popular, usando un complexo sistema que combina o voto directo con representación proporcional. Os 16 Bundesländer (Estados) están representados federalmente no Bundesrat (Consello Federal), que ten palabra no proceso lexislativo. Nos últimos tempos, ten habido algunha controversia sobre o feito de que o Bundestag e o Bundesrat bloquearan decisións un do outro, o que dificulta a acción efectiva do goberno.
A función do xefe de Estado é do Bundespräsident (Presidente Federal), cuxos poderes están limitados apenas a funcións cerimoniais e de representación do Estado. O Bundespräsident é eleito pola Bundesversammlung que engloba tódolos membros do Bundestag e o mesmo número de membros enviados polos parlamentos do Länder (Landtage).
O brazo xudicial inclúe ó Tribunal Constitucional, chamado Bundesverfassungsgericht, que pode bloquear calquera acto de lexislación ou administración se estes foren considerados inconstitucionais.
[editar] Xeografía
Artigo Principal: Xeografía de Alemaña
Alemaña esténdese dende as altas montañas dos Alpes (o punto máis elevado é o Zugspitze con 2.962 m) no sur ata as costas do mar do Norte e do mar Báltico no norte. Polo medio, esténdense as terras altas, boscosas, da Alemaña central e as terras baixas da Alemaña do norte (o punto máis baixo é o Neuendorfer/Wilstermarsch, con -3.54 m), atravesadas por algúns dos maiores ríos da Europa, como o Rhin, o Danubio e o Elba.
A República Federal ten fronteiras ao norte coa Dinamarca, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e a Suíza e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos.
O clima é por veces imprevisíbel. No verán, un día pode ser quente e solarengo e o día seguinte frío e chuvioso. De tódolos xeitos, son extremamente raras as condicións climáticas verdadeiramente extremas, como secas severas, tornados, tempestades de sarabia, frío ou calor extremos, etc. Houbo dúas inundacións de grande escala nos últimos anos, mais en xeral tamén estas son raras. Non hai noticia de sismos destrutivos.
[editar] Economía
Alemaña é a terceira economía mundial en termos de PIB (Produto Interior Bruto) (despois dos EEUU e do Xapón). A economía alemá é unha economía de mercado. A seguridade social ten un peso moi grande na economía e os alemáns teñen dereitos sociais moi amplos. Os sistemas de Seguridade Social teñen unha longa tradicción, que se remonta ao goberno de Bismark, nos finais do século XIX. Hai un conxunto de sistemas (ou caixas) que reciben contribucións dos seus membros (unha porcentaxe dos rendimentos) e cobran os custos (por exemplo as facturas de consultas médicas) sempre que sexa necesario, nun sistema semellante ao dos seguros (Ver por exemplo Berufsgenossenschaft, o sistema que cobre os accidentes de traballo e doenzas profesionais). Actualmente, o goberno Social Demócrata (SPD) está a tentar reformar a seguridade social co obxectivo de reducir o seu peso sobre a economía. A reunificación tivo un impacto significativo no crecemento de ambas partes de Alemaña.
[editar] Demografía
Alemaña con 82 millóns de habitantes é o segundo país de Europa en poboación, superado apenas por Rusia. A afluencia á zona occidental de alemáns de outros pontos do país e de inmigrantes de diferentes nacionalidades, así como a tendencia ao estancamento do crecemento vexetativo, teñen sido as principais características da evolución demográfica.
A maior parte da poboación descende de diversos grupos xermánicos que se estabeleceran na rexión centroeuropea no primeiro milenio antes da era cristiá. Eses grupos compartían a mesma lingua, aínda expresada en moitos dialectos, mais presentaban características étnicas heteroxéneas que se acentuaron ao longo da historia como consecuencia da fusión con outros pobos, como os celtas e os eslavos. Na moderna Alemaña, as diferenzas humanas e lingüísticas das distintas rexións téñense atenuado, aínda que a prolongada división política teña xerado certas peculiaridades culturais que distinguen ós alemáns do leste daqueles do oeste. A chegada de inmigrantes á Alemaña occidental na segunda metade do século XX compensou as perdas humanas ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial, estimadas en cerca de tres millóns de persoas, na maioría xoves do sexo masculino. Ademais da poboación de orixe xermánica, conviven na antiga Alemaña occidental diversas minorías étnicas de nacionalidade alemá, como xudeus, eslavos e dinamarqueses, así como franceses descendentes dos hugonotes fuxidos do seu país a finais do século XVII.
Os traballadores inmigrantes, chegados á Alemaña sobretodo nas décadas de 1960 e 1970, eran principalmente turcos, iugoslavos, italianos, gregos, españois e portugueses. Na Alemaña oriental, que constituiu un país autónomo de 1949 a 1990, as perdas humanas provocadas pola guerra foron compensadas co ingreso de varios millóns de alemáns expulsados de Polonia, de Checoslovaquia e de Hungría. Con todo, as dificultades económicas derivadas do pagamento das indemnizacións de guerra e da política de coletivización estimularon o movemento migratorio para a Alemaña Occidental, calculado en 1,7 millóns de persoas.
A interrupcción do crecemento da poboación e mesmo a reducción desta inclúense entre as características máis notábeis da evolución do país nas últimas décadas do século XX, tanto na zona occidental como na oriental. Iso tradúcese nun envellecemento da poboación, isto é, no aumento dos grupos de idade máis alta en relación á poboación xove, en consecuencia dos baixos niveis de natalidade e do prolongamento da expectativa de vida.
[editar] Cultura
Artigo Principal Cultura de Alemaña
As contribucións de Alemaña ó patrimonio cultural mundial son numerosas, o que leva a algúns autores a acreditar o "Xenio Alemán", celebrado no Romanticismo (unha das fases da historia da arte onde a Alemaña tivo unha preeminencia envexábel). País coñecido por moitos como das Land der Dichter und Denker (A terra dos poetas e dos pensadores), Alemaña foi o berce de fitos importantísimos na historia da arte, como se pode verificar nas varias seccións deste artigo.
A lingua alemá e os seus dialectos foron, outrora, a lingua franca da Europa Central, oriental e septentrional. Hoxe, o alemán é unha das linguas que desperta máis interese por parte dos estudantes de linguas en todo o mundo, tras o inglés e o español. Moitas figuras históricas, aínda non sendo alemás, no sentido moderno da palabra "alemán", estiveron imersas na cultura xermánica, como é o caso de Wolfgang Amadeus Mozart, Franz Kafka ou Copérnico.
Foi en Alemaña onde Johann Gutenberg inventou a imprenta no 1455
[editar] Estados
Artigo principal: Estados de Alemaña
Alemaña está dividida en 16 estados federados (Bundesländer, singular Bundesland).
Estado | Capital | en Alemán | |
---|---|---|---|
Baden-Württemberg | Stuttgart | Baden-Württemberg | Stuttgart |
Baviera | Munich | Bayern | München |
Berlín | Cidade-Estado | Berlín | Stadtstaat |
Brandemburgo | Potsdam | Brandenburg | Potsdam |
Bremen (inclúe Bremerhaven) | Bremen | Bremen | Bremen |
Baixa Saxonia | Hanover | Niedersachsen | Hannover |
Hamburgo | Cidade-Estado | Hamburg | Stadtstaat |
Hesse | Wiesbaden | Hessen | Wiesbaden |
Mecklemburgo-Pomerania Occidental | Schwerin | Mecklenburg-Vorpommern | Schwerin |
Baixa Saxonia | Hanover | Niedersachsen | Hannover |
Renania do Norte-Westfalia | Düsseldorf | Nordrhein-Westfalen | Düsseldorf |
Renania-Palatinado | Mainz | Rheinland-Pfalz | Mainz |
Sarre | Saarbrücken | Saarland | Saarbrücken |
Saxonia | Dresde | Sachsen | Dresden |
Saxonia-Anhalt | Magdeburgo | Sachsen-Anhalt | Magdeburg |
Schleswig-Holstein | Kiel | Schleswig-Holstein | Kiel |
Turinxia | Erfurt | Thüringen | Erfurt |
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazóns externas
- Facts about Germany - Sitio oficial do Ministerio de Asuntos Extranxeiros
- Deutschland.de - Portal Oficial de Alemaña
- Statistikportal.de - Instituto de Estatística
- Bundesregierung Deutschland - Governo federal
- Bundespräsident - Presidencia da República
- Bundestag - Parlamento
- A Manual for Germany - Sobre Alemaña, publicado polo Governo Alemán
- Stadtpanoramen.de - Vistas panorámicas de cidades alemás
- Vistas panorámicas de zonas de campo
- Axel Boldt, Comparación cos EEUU
- Fotos de Alemaña
- Máis fotos
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |