Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Estonia - Eesti - Wikipedia

Estonia - Eesti

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Eesti Vabariik
República de Estonia
Lema nacional: Non ten
Lingua oficial Estoniano
Capital Talín
Presidente Toomas Hendrik Ilves
Primeiro ministro Andrus Ansip
Área

 - Total
 - % agua

129º maior

45,226 km²
4.56%

Poboación

 - Total (2003)
 - Densidade

150º máis poboados

1,408,556
31 /km²

Independencia

 - Declarada
 - Recoñecida

da Rusia

24 de febreiro de 1918
2 de febreiro de 1920

Moeda Coroa estoniana (kroon)
Fuso horario UTC +2
Himno nacional Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
TLD (Internet) .EE
Código telefónico 372

Estonia é un dos tres Países Bálticos, constituído por unha porción continental e un gran arquipélago no Mar Báltico. Linda ao norte co Golfo de Finlandia e, a través del, con Finlandia, ao este con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co Mar Báltico. A capital e Talín.

Estonia é un membro da Unión Europea dende o 1 de maio do 2004 e membro da OTAN dende o 29 de marzo. Xunto co finlandés, o húngaro e o maltés, o estoniano é unha das poucas linguas oficiais da Unión Europea que non é de orixe Indoeuropeo.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Estonia

[editar] Antigüidade

Os primeiros asentamentos humanos en Estonia foron posibles fai 11.000 ou 13.000 anos, cando comezaron os desxeos da derradeira glaciación. O asentamento humano máis antigo coñecido en Estonia, é o asentamento de Pulli, atopado nas beiras do río Pärnu, preto da vila de Sindi, no sur de Estonia. Segundo as probas de carbono, o asentamento foi fundado fai 11.000 anos, no comezo do 9 milenio a.C.

En Estonia atopáronse evidencias da existencia de comunidades cazadoras e pescadoras arredor do 6.500 a.C., preto da vila de Kunda, no norte de Estonia. Aparellos feitos de ósos e pedras semellantes ós atopandos en Kunda, foron atopados por toda Estonia, ademáis de en Letonia, norte de Lituania e sur de Finlandia. A cultura atopada en Kunda pertence á Idade de pedra, ou ó período Mesolítico.

A fin da Idade de bronce e o comezo da Idade de ferro caracterizáronse por grandes cambios culturais. O máis importante foi a transición cara a agricultura. Dende o século I ó século V d.C., a agricultura expandiuse, a poboación medrou, e os asentamentos espalláronse por todo o país. Nesa época a influencia do Imperio Romano chegou ata Estonia, sendo este período coñecido como a Idade de ferro romana.

A segunda metade da Idade de ferro caracterizouse polos enfrontamentos contra as tribos bálticas, as cales atacaban dende o sur do país, e dende o mar Báltico. Moitas sagas escandinavas fan referenza ás campañas contra Estonia. Os piratas estonianos levaron a cabo ataques semellantes na Idade Viquinga chegando a saquear e queimar a vila sueca de Sigtuna no ano 1187.

[editar] Cristianización

Arredores do século XIII, Estonia atopábase dividida en 8 condados — Saaremaa, Läänemaa, Rävala, Harju, Viru, Järva, Sakala, e Ugandi. Despois de levarse a cabo unha serie de consultas entre os diferentes representantes e compoñentes de varios dos condados, tomaron a decisión de establecer un estado. Ata ese intre, Estonia conservara unha relixión pagá centrada arredor dunha deidade chamada Tharapita.

Estonia foi cristianizada cando os "Irmáns livonianos da espada" alemáns invadiron o sur do país como parte das cruzadas setentrionais a comezos do século XIII. Ó mesmo tempo, Dinamarca tentaba facerse co norte do país. No ano 1227 Estonia atopábase dividida entre os dous países. A parte norte de Estonia estivo baixo Dinamarca ata 1346. Tallinn (coñecida como Reval naquel tempo) recibiu os dereitos de Lübeck en 1248 e uniuse á Liga Hanseática a finais do século XIII. No ano 1343, a xente do norte de Estonia e máis Saaremaa rebeláronse contra o dominio xermano na revolta da noite de San Xurxo, rematada en 1344. Entre os anos 1481 e 1558 Estonia foi invadida sen éxito polos rusos. Despois de 1524, durante a reforma prostestante, Estonia convertiuse ó Luteranismo.

Cidade antiga de Tallinn (Reval), mirando cara o porto
Cidade antiga de Tallinn (Reval), mirando cara o porto

[editar] Suecia e Rusia

Durante a guerra livoniana en 1561, o norte de Estonia pasou ó control sueco, mentres que o sur de Estonia pasou ó control polaco durante a década de 1580. En 1625, Estonia pasou a estar por completo baixou o dominio sueco. Daquela Estonia pasou a estar dividida entre as provincias de Estonia no norte, e Livonia situada entre o sur de Estonia e o norte de Letonia,division que durou ata comezos do século XX.

En 1631, o rei sueco Gustavo Adolfo forzou á nobleza a respetaren ó campesiñado, aínda que a servidume seguiu existindo. No ano 1632 establecéronse unha imprenta e unha universidade na cidade de Tartu (coñecida como Dorpat naquel tempo). Este período é coñecido na historia estoniana como "o bo vello tempo sueco."

Trala Gran guerra do norte, o imperio sueco perdeu Estonia, a cal pasou a mans rusas (en 1710 de facto, en 1721 de jure, polo Tratado de Nystad). Aínda que as clases altas e medias permaneceron formadas por Alemáns bálticos. A guerra debastou á poboación estoniana, quen se recuperou axiña. Aínda que os dereitos do campesiñado foran debilitados, a servidume foi abolida en 1816 na provincia de Estonia e en 1818 en Livonia.

[editar] Independencia

Como resultado da abolición da servidume e a posibilidade da educación dos estoniano-falantes, no século XIX naceu un forte movemento nacionalista. O nacionalismo naceu como un movemento cultural, o cal estableceu unha literatura, teatro e música de seu e a formación dunha identidade nacional estoniana. Entre os líderes do movemento estaban Johann Voldemar Jannsen, Jakob Hurt e Carl Robert Jakobson. Algúns logros significantes foron a publicación do épico nacional, Kalevipoeg, en 1862, e a organización do primeiro festival da canción en 1869.

En resposta ó período de Rusificación iniciado polo Imperio ruso na década de 1890, o nacionalismo estoniano asumiu tons máis políticos, con intelectuais que piden primeiro unha maior autonomía, e máis tarde, a independencia do Imperio ruso. Trala Revolución de outubro, Estonia declarouse así mesma república independente o 24 de febreiro de 1918. Despois de gañar a Guerra de liberación estoniana contra a Rusia soviética (o Tratado de Tartu asinouse o 2 de febreiro de 1920), Estonia mantivo a súa independencia por vintedous anos. Inicialmente unha democracia parlamentaria, o parlamento (Riigikogu) disolveuse en 1934, seguido por unha inquietude política causada pola crise económica global. Como consecuencia o país foi gobernado por decreto por Konstantin Päts quen se fixo presidente en 1938.

[editar] Estonia baixo a Unión Soviética

Estonia foi ocupada polas tropas soviéticas en xuño de 1940, como consecuencia do Pacto Molotov-Ribbentrop feito en agosto de 1939 entre a Alemaña Nazi e a Unión Soviética. Estonia foi anexionada formalmente pola Unión Soviética en 1940 como a República Socialista Soviética de Estonia. Durante a anexión moitos dos líderes intelectuais e políticos foron executados ou deportados a lugares afastados da Unión Soviética. As represións tamén foron levadas a cabo contra a poboación estoniana. Cando comezou a operación alemá Barbarossa contra a Unión, miles de xoves homes estonianos foron alistados nas tropas do Exército Vermello. Entre 1941 e 1944 o país foi ocupado polo Terceiro Reich. Cando as tropas soviéticas reconqueriron o país polo norleste, decenas de miles de persoas decidiron fuxir a Finlandia e Suecia ou poñerse do lado dos alemáns. En 1949, como resposta ó paseniño proceso de formación das granxas colectivas, como estaba prescrito pola ideoloxía soviética, miles de persoas foron deportadas a Siberia onde a metade pereceu na construción de acampamentos; a outra metade dos sobrevivintes non poudo voltar ata 1960 (varios anos despois da morte de Stalin). Iso e máis as represións de 1940 e 1941 deron lugar á formación de guerrillas contra o goberno soviético na década de 1950, formadas principalmente por veteráns estonianos e algúns paisanos.

Ademáis das perdas humanas e materiais provocadas debido á guerra, miles de estonianos foron asasinados e decenas de miles deportados polas autoridades soviéticas ata a morte de Josef Stalin en 1953. A dominación soviética repercutiu negativamente no crecemento estoniano, sendo case nulo en comparación ó das economías sueca e finesa.

Outro efecto debido á Unión Soviética foi a rusificación de Estonia. Centos de miles de ruso-falantes (a maioría da República Socialista Soviética de Ucraína) foron aloxados no país para a súa militarización e desenrolo industrial. O nivel de rusificación do país acadou o seu máximo nivel na década de 1980, cando os Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova (a olimpíada da Regata) tiveron lugar na cidade de Tallinn, onde se produciron protestas encontra das políticas migratorias da Unión.


[editar] Volta á independencia

Bandeira da Estonia independente.
Bandeira da Estonia independente.

Debido ás dificultades económicas provocadas pola Guerra fría, a Unión Soviética comezou a debilitarse. Esta situación foi aproveitada en Estonia creándose un movemento para conseguir un autogoberno. No período 1987-1989, no comezo o movemento centrábase máis na independencia económica da Unión, pero co debilitamento desta o movemento volveuse máis e maís independentista.

En 1989, produciuse unha nova mostra a prol da independencia co chamado Camiño báltico. No cal se formou unha cadea humana de máis de dous millóns de persoas a través de Lituania, Letonia e Estonia, ( tendo Letonia e Lituania semellantes oportunidades de aspiraren á independencia como Estonia).

Estonia volveu a consegui-la súa independencia o 20 de agosto de 1991, coa Revolución do canto seguido do colapso da Unión Soviética. O primeiro país en recoñeceren a nova independencia de Estonia foi Islandia, seguido de Dinamarca.

As derradeiras tropas rusas marcharon o 31 de agosto de 1994. Dende aquela Estonia uniuse á OTAN o 29 de marzo do 2004 e á Unión Europea o 1 de maio do 2004.

[editar] Política

Edificio do parlamento estoniano.
Edificio do parlamento estoniano.

A Estonia é unha democracia constitucional, cun presidente electo polo parlamento (eleccións de cinco en cinco anos), que só ten unha cámara. O goberno ou pola executiva, está composto polo primeiro ministro, nomeado polo presidente, e por un total de 14 ministros. O goberno noméao o presidente despois de ser aprobado polo parlamento.

O poder lexislativo pertence ao parlamento, denominado Riigikogu ou Asemblea do Estado, que ten 101 escanos. Os deputados son eleitos por voto popular para mandatos de 4 anos. O supremo tribunal xudicial é o Tribunal Nacional, ou Riigikohus, com 17 xuíces, cuxo presidente é nomeado vitaliciamente polo parlamento despois de ser nomeado polo presidente da república.

Estonia foi o primeiro país do mundo en empregar o voto por internet. Sendo empregado por primeira vez nas eleccións parlamentarias entre o 26 e o 28 de febreiro do 2007, nas que 30.275 persoas deron o seu voto vía internet.

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Estonia

Mapa da Estonia coas principais cidades.

Situada entre os 57,3º e os 59,5º de latitude e os 21,5º e os 28,1º de lonxitude, Estonia é o país máis pequeno e setentrional e dos países bálticos. Situado ó noreste da gran chaira rusa, está atravesado de norte a sur por colinas alongadas de orixe glacial, ainda que a súa altitude media non chega ós 50m. A súa altitude máxima Suur Munamagi, só mide 318m. Unha cuarta parte do territorio estoniano está cuberto por bosques de bidueiros, abeduis, piñeiros e abetos, o 20% está cuberto de terreos pantanosos, o 5% por lagos artificiais e naturais (a maioria moi pequenos, mais o maior, o lago Peipsi situado na fronteira con Rusia, ten 3 555 km² de superfície) e o resto por praderías. Estonia conta con 3.800km de costas, nun litoral recurtado, cheo de fiordos que alberga 20 portos e 1.524 illas, entre as que destaca Saaremaa (2.714km²) e Hiiumaa.

O país é atravesado por un gran numero de ríos e regatos que desembocan no mar Báltico; estes son curtos e de escasa profundidade, xa que o curso do máis longo, o río Narva, só e de 77km.

O clima de Estonia é continental, sobre todo no interior, aínda que moderado pola influencia atlántica. Os invernos son longos e moi fríos e os veráns son curtos, sen temperaturas excesivamente extremas. As precipitacións, en xeral en forma de neve, non son moi abondosas.

[editar] Divisións administrativas

Artigo principal: Condados de Estonia

Estonia atópase dividida en 15 condados, "maakonnad" chamados en estonio. Ao frente do nome está a capital do condado.

Condados de Estonia
Condados de Estonia

[editar] Economía

En 1999, Estonia tivo o seu mellor ano económico dende que obtivo a independencia no 1991, en gran medida debido ao impacto da crise financeira rusa de agosto de 1998. Estonia aderiuse á OMC en Novembro de 1999 – foi o segundo estado báltico a aderir – e proseguiu as conversacións para adhesión á UE, da que forma parte dende o 1 de maio de 2004. A privatización da enerxía, telecomunicacións, ferroviais e outras empresas estatais é un proceso continuo. A economía estoniana ten sofrido un crecemento rápido, en parte debido á relocalización no país de varias empresas finlandesas. Ten un sector IT (tecnoloxía industrial) forte.

[editar] Demografía

O maior grupo étnico da Estonia está formado polos estonianos nun 70%. A primeira e a segunda xeración dos emigrantes soviéticos (a maioría de Rusia) forman o 30% restante. A maioría dos rusos habitan na capital do país (Tallinn) así como nas zonas industriais do norleste de Estonia. (Condado de Ida-Virumaa). Tamén destacan os descendentes dos finlandeses e os suecos, quenes historicamente habitaron as costas e as illas do noroeste do país, sendo alcumados "rannarootslased" ("Suecos da costa"). A maior parte dos suecos deixou o país en 1944, escapando da invasión soviética.

A lingua oficial do estado é o estoniano, unha lingua ugrofinesa achegada ó finlandés. O estoniano foi influído historicamente polo alemán, e polo sueco. Ademáis da lingua oficial, o ruso é comprendido pola maioría dos estonianos entre os trinta e os setenta anos de idade, debido á súa obligatoriedade durante os tempos da Unión Soviética. Hoxe en día, a maioría dos estonianos estudan o inglés como segunda lingua, sustituíndo esta ó ruso nas escolas.

No Condado de Võru no sur do páis, hai máis de 70.000 falantes do Võro, lingua relacionada co estoniano.

[editar] Composición étnica

Composición étnica de Estonia
estonianos
  
68.6%
rusos
  
25.7%
ucraínos
  
2.1%
bielorrusos
  
1.2%
outros
  
2.4%


Segundo a Oficina Estatística estoniana, no 2006 a poboación estoniana estaba composta polos seguintes grupos étnicos:[1]:


Commons
Commons ten máis imaxes sobre:


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu