Eslovenia - Slovenija
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: descoñecido | |||
Lingua oficial | Esloveno | ||
Capital | Liubliana | ||
Presidente | Janez Drnovšek | ||
Primeiro ministro | Janez Janša | ||
Área - Total - % auga |
150º maior 20,273 km² 0.6% |
||
Poboación | 142º máis poboado
|
||
Independencia
|
da Iugoslavia | ||
Moeda | Euro dende o 1 de xaneiro do 2007 | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Hino nacional | Zdravljica | ||
TLD (Internet) | .SI | ||
Código telefónico | 386 |
Eslovenia é un pequeno país da Europa Central, limitado ao norte por Austria, ao leste por Hungría, ao leste e ao sur por Croacia e ao oeste por Italia e polo Mar Adriático. Capital: Liubliana.
Índice |
[editar] Historia
Crese que os ancestros eslavos dos actuais eslovenos establecéronse nesta área óredor do século VI. No século VIII fórmase o estado de Carantania, o primeiro estado eslavo estable e esloveno. No 745, Carantania perdeu a súa independencia e convirtiuse en parte do Imperio Franco. Neste periodo moitos eslavos convertéronse ó cristianismo.
Óredor do ano 1000 escribíronse os manuscritos Freising, representantes do primeiro documento escrito en esloveno e o primeiro dialeto eslavo en escritura latina. Durante o século XIV, a maioría das rexións de Eslovenia pasaron á propiedade dos Habsburgo cuxas terras logo formarían ó Imperio Austrohúngaro, os eslovenos habitan todas ou a maioría das provincias de Carniola, Gorizia e Gradisca, e partes das provincias de Istria e Estiria.
No ano 1848 emerxeu un forte programa para unah Eslovenia unida como parte do movemiento "Primavera das Nacións" dentro de Austria-Hungría.
Co colaso da monarquía Austro-Húngara en 1918, os eslovenos uníronse ó Reino dos serbios, croatas e eslovenos, o cal cambiou o seu nome en 1929 polo de Reino de Iugoslavia. Logo do restablecemento da Iugoslavia ó final da Segunda Guerra Mundial, Eslovenia convertiuse en parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, declarada oficialmente o 29 de novembro de 1945. A actual Eslovenia formouse o 25 de xuño de 1991 debido á súa independencia de Iugoslavia. Para facer efectiva a súa independencia, Eslovenia enfrontouse aás forzas armadas federais de Iugoslavia nun curto conflito armado chamado Guerra dos dez días, tamén conñecida como “Guerra de Eslovenia” (Esloveno: Slovenska osamosvojitvena vojna, "Guerra da independencia eslovena"; ou desetdnevna vojna, "Guerra dos dez días"). Eslovenia uniuse á OTAN o 29 de marzo de 2004 e á Unión Europea o 1 de maio de 2004.
[editar] Política
O xefe político do estado e o presidente, elixido popularmente cada cinco anos. O poder executivo está representado polo pimeiro ministro e o consello de ministros ou gabinete, elixidos polo parlamento.
O parlamento bicameral de Eslovenia componse da Asambela Nacional (Državni zbor), e o Consello Nacional (Državni svet). A Asamblea Nacional ten 90 asentos, partialmente ocupados por representativos elixidos directamente, e parcialmente con representativos elixidos proporcionalmente (dous asentos están reservados para as minorías húngara e italiana). O Consello Nacional ten 40 asentos, e está composta por representativos dos grupos intereses locais sociais, económicos, profesionais .As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos.
[editar] Subdivisións
[editar] División administrativa
Según a (Enciclopedia de Eslovenia), as rexións tradicionais eslovenas, baseadas na división feita polos Habsburgo (Carniola, Caríntia, Estíria e o Litoral), son:
Nome galego | Nome esloveno | Abreviatura mapa como a |
---|---|---|
Alta Carniola | Gorenjska | U.C. |
Estíria | Štajerska | S |
Prekmurje | Prekmurje | T |
Caríntia | Koroška | C |
Carniola Interior | Notranjska | I.C. |
Baixa Carniola | Dolenjska | L.C. |
Goriška | Goriška | G |
Ístria Eslovena | Slovenska Istra | L |
[editar] Xeografía
Atópanse en Eslovenia catro grandes rexións xeográficas europeas: os Alpes, a área Dinárica, a planicie da Panonia e o Mediterráneo. O ponto máis elevado de Eslovenia é o monte Triglav (2 864 m) e a altitude media do país é de 557 m por riba do nivel do mar. Preto da metade do país (10 124 km²) está coberta por bosques, o que torna a Eslovenia no terceiro país europeo máis arborado, depois de Finlandia e de Suecia. Aínda poden ser atopados restos dos bosques primitivos, os maiores dos que sitúanse na área de Kočevje. Os cultivos cobren 5.593 km² do país, e prados e xardíns 2 471 km². Tamén existen 363 km² de pomares e 216 km² de viñedos.
O clima é mediterránico na costa, alpino nas montañas e continental con veráns entre suaves e quentes e invernos fríos nos planaltos e vales do este do país. As temperaturas medias son de -2ºC en xaneiro e 21ºC en xullo. As precipitacións medias son de 1000 mm na costa, 3500 mm nos Alpes, 800 mm na rexión sureste e 1400 mm na Eslovenia central.
[editar] Economía
Eslovenia posue a economía máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á Unión Europea no 2004 e no 2007, cun GDP per capita de 23.250$ no 2006. A relativamente alta inflación do país caeu do 3.6% no 2004 ó 2.3% no 2006, sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Nos últimos anos a economía de Eslovenia comezou a medrar cun ritmo moito máis forte ,(5.2% nos primeiros 9 meses do 2006, 4.0% no 2005, 4.4% no 2006 e 4.8% no 2007 según estimacións), do que o facía no 2003 (2.7%).
Durante o 2000, seguiron tendo lugar as privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións, e servizos públicos. As restriccións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar, agárdase que o investimento estranxeiro (FDI) medre nos próximos anos. Eslovenia é o único dos 12 novos membros da UE en adopta-lo Euro, o 1 de xaneiro do 2007, e ademáis tamén será o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea na primeira metade do 2008.
[editar] Demografía
O grupo étnico maioritario na Eslovenia son os eslovenos (83%) a estes lles seguen as nacionalidades da antiga Iugoslavia (serbios, croatas, bosnios e musulmáns) os que representan o 6.3% da poboación. As minorías húngaras italianas e xitanas forman parte do 0.6% da poboación, o 8.9% restante representa a aqueles que non declararon étnia. No 2003 a esperanza de vida no país era de 72.2 para os homes e de 80 anos para as mulleres.
Cunha densidade de poboación de 99 habitantes por km², Eslovenia posue unha das densidades de poboación máis modestas da Unión Europea,comparándoa cos 320/km² habitantes dos Países Baixos e os 195/km² de Italia. A rexión de Notranjsko-kraška ten a menor densidade de poboación , mentres que Osrednjeslovenska posue a maior. Óredor do 51% da poboación vive en áreas urbanas mentres que o 49% vive no rural.
A lingua oficial de Eslovenia é o esloveno, membro da familia das linguas eslavas do sur de europa. O húngaro e o italiano son cooficiais co esloveno nas rexións veciñas con Hungría e Italia.
A relixión maioritaria dos eslovenos é o Catolicismo. Antes do socialismo, o 88% dos eslovenos considerábase católico, mentres que no censo de 1991 esta cifra baixara ata o 71.6%, no 2002 era do 57.8%, e a cifra seguen baixando.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
1 e 2 de xaneiro | Aninovo | Novo leto | Festividade |
8 de febreiro | Día de Prešeren/Día da cultura eslovena | Prešernov dan/slovenian kulturni praznik | Morte de France Prešeren |
27 de abril | Día da Rebelión contra o Ocupante | dan upora proti okupatorju | Día da OF |
1 e 2 de maio | Festividade do traballo | praznik dela | |
25 de xuño | Día do Estado | dan državnosti | Declaración de independencia da Eslovenia |
1. November | Día dos finados | dan spomina na mrtve | |
26 de decembro | Día da independencia | dan samostojnosti | |
Domingo despóis da primeira lúa chea da primavera | Pascua | Velikonočna nedelja | |
Domingo após sete semanas logo da Pascoa | Pentecostés | Binkošti | |
15 de agosto | Asunción de María | Marijino vnebovzetje | |
31 de outubro | Día da Reforma | dan reformacije | |
25 de decembro | Nadal | Božič |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns Externas
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |