Chequia - Česko
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Pravda vítězí (Checo: A verdade prevalece) |
|||
Lingua oficial | Checo | ||
Capital | Praga | ||
Presidente | Václav Klaus | ||
Primeiro-ministro | Mirek Topolánek | ||
Área - Total - % auga |
114º maior 78,866 km² 2% |
||
Poboación - Total (2000) - Densidade |
76º máis poboado 10,264,212 130 h/km²; |
||
Independencia - Data |
Na división de Checoslovaquia, 1 de xaneiro de 1993 |
||
Moeda | Coroa checa (koruna) | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Hino nacional | Kde domov můj | ||
TLD (Internet) | .CZ | ||
Código telefónico | 420 |
A República Checa (en checo: Česká republika) ou Chequia (en checo: Česko ou Czechia) é un país do centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Está formado polas rexións históricas de Bohemia, Moravia, partes de Silesia e partes da Baixa Austria. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.
Índice |
[editar] Historia
Primeiramente Principado, logo Reino Checo, 1621-1918 parte do Impero Austriaco. En 1918 despois da primeira guerra mundial formou, xunto con Eslovaquia, a Checoslovaquia (1918-1992) 1939-1945 ocupado por Alemaña, 1948-1989 rexime comunista. O 1 de xaneiro do 1993 separáronse a Chequia e Eslovaquia. Dende 2004 é membro da UE.
[editar] Política
A forma do Estado é a República parlamentaria cunha Constitución ratificada en 1992 e que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1993 que recoñece o sistema multipartidista e as libertades fundamentais..
O xefe de Estado é o Presidente, que é elixido en sesión conxunta polas dúas cámaras cada cinco anos. Actualmente é Václav Klaus. Non pode gobernar máis de dúas lexislaturas seguidas.
O xefe do goberno é o Primeiro Ministro que sae da lista máis votada nas eleccións xerais ó Parlamento (ou dunha coalición de partidos, como o modelo galego). Esta votación realízase cada catro anos. Actualmente é Jiří Paroubek.
Sistema bicameral:
- Cámara de Deputados (Poslanecká sněmovna): 200 escanos, mandato de catro anos. Os partidos deben acadar un mínimo do 5% dos votos para ter representación.
- Senado (Senát): 81 escanos, mandato de seis anos. Cada dous anos renóvanse 27 escanos senatoriais.
En 1999 ingresou na OTAN e en 2004 converteuse en membro de pleno dereito da UE. Chequia foi o primeiro país ex-comunista en recoñecer un estatus legal ás parellas do mesmo sexo (2006).
[editar] Subdivisións
Administrativamente, Chequia divídese en trece rexións (kraje) maila capital (Hlavní město):
Rexións:
- Rexión Moravia do sur (Jihomoravský kraj)
- Rexión Bohemia central (Středočeský kraj)
- Rexión Hradec Králové (Královéhradecký kraj)
- Rexión Vysočina (Kraj Vysočina)
- Rexión Carlsbad (Karlovarský kraj)
- Rexión Liberec (Liberecký kraj)
- Rexión Moravia-Silesia (Moravskoslezský kraj)
- Rexión Olomouc (Olomoucký kraj)
- Rexión Pardubice (Pardubický kraj)
- Rexión Plzeň (Plzeňský kraj)
- Rexión Bohemia do sur (Jihočeský kraj)
- Ústí nad Labem (Ústecký kraj)
- Rexión Zlín (Zlínský kraj)
Capital:
- Praga (Hlavní město Praha)
Antigamente dividíase en Bohemia (Cechy), Moravia (Morava) e Silesia (Slezsko).
|
||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
[editar] Xeografía
Ó oeste, Bohemia atópase nunha depresión, irrigada polos ríos Elba e Vltava, rodeados polos Sudetes e polos Karkonosze. Nesta última cordilleira atópase o punto máis alto, o monte Sněžka con 1.602 m.
Moravia, no leste, é unha rexión máis escarpada, o río principal é o Morava, pero tamén está o nacemento do río Oder.
O clima é temperado, con veráns cálidos e invernos húmidos e fríos.
[editar] Economía
Tralo abandono da economía socialista, a comezos dos 1990, como outros países do seu entorno, Chequia comezou a ter unha maior inversión extranxeira en bens de consumo. As reestruturacións das industrias pesadas remataron en tan só unha década co sector terciario como o maioritario (59%).
As prncipais industrias son as do tratamento do aceiro, o ferro e de construción de maquinaria que están a pasar un custoso proceso de modernización. As exportacións trocaron nos últimos quince anos de Europa oriental cara as economías tradicionalmente de mercado de Europa occidental. Trala crise de 1997 provocada por un importante aumento do déficit por conta corrente e déficit público; nos anos 2000 e 2001, o crecemento arredor do 10% levou ó país a ingresar na Unión Europea cunha boa carta de presentación.
As reformas todavía están lonxe de finalizar, estando pendentes a transformación do sector inmobiliario, a privatización do sistema de saúde e do sector bancario e cuestións de tipo medioambiental.
Os maiores vendedores de créditos son Alemaña, Holanda e Estados Unidos. Os maiores socios comerciais son Alemaña e Eslovaquia.
[editar] Demografía
O 95% da poboación é étnica e lingüísticamente checa. Minorías a destacar son alemáns, xitanos e polacos. Os eslovacos non chegan ó 2%. Dende a disolución de Checoslovaquia os cidadáns da antiga república podían cruza-la fronteira en ámbolos dous sentidos.
No distrito de Český Těšín os polacos constitúen entre o 10 e o 45% da poboación, o idioma polaco é cooficial en varios concellos do distrito e é aprendido en escolas públicas.
Os alemáns constituían ata o fin da Segunda Guerra Mundial case a terceira parte da poboación, segundo o censo de 2001 só en 13 concellos os alemáns superan o 10% da poboación.
A relixión maioritaria e a católica (27%) a maioría da poboación considérase non relixiosa (59%).
En xullo de 2005 a poboación era de 10,241,138 cunha esperanza media de vida de 76 anos.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Ligazóns externas
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |