Ucraína - Україна
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
Lema: "Volia, Zlahoda, Dobro" (Ucraniano: Liberdade, Concordia, Bondade) |
||||
Lingua oficial | Ucraniano | |||
Capital | Kiev | |||
Presidente | Viktor Yushchenko | |||
Primeiro ministro | Yuriy Yekhanurov | |||
Área - Total - % auga |
43º maior 603.700 km² Insignificante |
|||
Poboación - Total (2005) - Densidade |
24º mais populoso 47.425.336 80 /km² |
|||
Independencia - Data |
da Unión Soviética 24 de agosto de 1991 |
|||
Moeda | Hryvnia | |||
Fuso horario | UTC +2 | |||
Himno nacional | Sche ne vmerla Ukraina | |||
TLD (Internet) | .UA | |||
Código telefónico | 380 |
A Ucraína é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os Mares Negro e o Azov e o Río Prepiat, entre as Planicies Húngaras, a foz do Danubio e o Río Don. Os ríos Dnipró e o Dniester son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais da Ucraína. A cidade de Kiev é a vella capital e o centro da vida cultural ucraniana. Sendo así, a Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov ; ao sudoeste coa Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste coa Polonia e Bielorrusia; ao norte coa Rusia; a leste o limite da Ucraína atinxe case as estepas do Volga e a rexión caucásica. Esténdese por un territorio xeográfico de 603.700 km² e un território etnográfico mixto de 945.000 km², a Ucraína é o segundo maior país da Europa (apenas ficando atrás da Rusia).
A poboación actual da Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.
Índice |
[editar] Clima
Estando situada entre os paralelos 43o e 53o do Polo Norte, o seu clima, nas rexións setentrionais, é temperado frío. Os invernos son longos e rigorosos, co solo recoberto de neve. Na primavera os ríos corren engorxitados, gorgolexando a auga do dexelo. No sur o clima é mais ameno. O estío é mais longo. O chan quence. O clima tórnase mediterráneo. O Mar Negro anúnciase coas súas praias piscosas coas “flechas’’ de area e de saibro retendo por veces, atrás de si, pantanos salgados. Na produción de trigo, cebada e remolacha, a Ucraína ocupa o terceiro lugar no mundo. Alén da cultura de cereais e da produción pecuaria, a Ucraína destaca polas ricas reservas de minerais, sobretodo de carbón, ferro e manganeso.
[editar] Historia
Gran parte do territorio actual da Ucraína, nomeadamente a provincia da Galiza, pertenceu ata ao inicio do século XX ao Imperio Austro-Húngaro. No século XX será parte da URSS como a República Socialista Soviética de Ucraína.
[editar] Xeografia
A paisaxe ucraniana consiste principalmente de planicies fértiles ou estepas e planaltos, atravesados por ríos como o Dniepr, Donets, Dnister Bug do Sur, que escoan para o Mar Negro e para o pequeno Mar de Azov. A sudoeste, o delta do Danúbio serve de fronteira coa Romanía. Só se encontran montañas na cordilleira ocidental dos Cárpatos, dos cales o pico mais alto é o Hora Hoverla con 2,061 m, e na península da Crimea no extremo sur, ao longo da costa.
A Ucraína tén un clima temperado continental, aínda que se atopa un clima mais mediterraneo na costa sur da Crimea. A precipitación está distribuída desproporcionadamente: é maior no oeste e no norte e menor no sur e no leste. Os invernos varían de frescos ao longo da costa do Mar Negro a fríos no interior. Os veráns son mornos na maior parte do país, mais en xeral quentes no sur.
[editar] Cidades Principais
[editar] Economia
A exploración intensiva dos solos negros e fertiles do cinto agrícola ucraniano tornaron o país nun gran produtor de trigo e remolacha. Outros cultivos importantes són: cebada, millo, leguminosas, pataca, avea, centeo, painzo e trigo sarraceno. Os principais cultivos industriais són as de remolacha e de semente de xirasol. Cultívanse tamén frutas e hortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gando bovino e suino dáse en todo o pais.
A Ucraína conta con ricos xacimentos de manganeso no Donbas. Esa rexión é o centro industral do país e un dos principais complexos minero-metalúrxicos e de industria pesada da Europa. A Ucraína é tamén un importante productor de gas natural e de petróleo, aínda que as reservas deses combustíbeis fósiles teñan sido excesivamente exploradas durante o período soviético.
O Donbas apresenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producen ferro e aceiro en grandes cantidades.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazóns externas
- Goberno de Ucraína (en inglés).
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |