Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Países Baixos - Nederland - Wikipedia

Países Baixos - Nederland

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre o país europeo comunmente chamado Holanda; sobre outros lugares homónimos vexa o artigo Holanda.


Koninkrijk der Nederlanden
Reino dos Países Baixos
Bandeira dos Países Baixos Escudo dos Países Baixos
Lema: Je Maintiendrai
(Francés, Manterei)
Lingua oficial Neerlandés

Linguas minoritarias:

Frisio en Frisia

Limburxio en Limburgo

Baixo saxón en Groninga, Frisia, Drenthe, Overijssel, e Guéldria.

Son linguas recoñecidas de xeito oficial como minoritarias. As linguas son protexidas pola Unión Europea.
Capitais Ámsterdam e A Haia - Den Haag¹
Maior cidade Ámsterdam
Raiña Beatriz
Primeiro Ministro Jan Peter Balkenende
Área
- Total
- % auga
131º maior
41.526 km²
18.41%
Poboación
- Total (2003)
- Densidade
59º máis poboado
16.150.511
477 hab/km²
Independencia
- Declarada
- Recoñecida
Guerra dos Oitenta Anos
26 de xullo de 1581
Tratado de Münster, 1648
Moeda Euro²,
Fuso horario UTC+1
Hino nacional Het Wilhelmus
TLD (Internet) .NL
Código telefónico 31
(1) Sede do governo
(2) Antes de 1999: florín (guilder)

Os Países Baixos (Nederland en neerlandés) son a parte europea do Reino dos Países Baixos, monarquía constitucional membro da Unión Europea. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co Mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. A pesar da súa incorrección, os Países Baixos son chamados con frecuencia Holanda, que é o nome común dass súas dúas principais provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rixen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

O Tribunal Internacional de Xustiza ten a súa sé en A Haia - Den Haag; Ámsterdam é a capital constitucional, sé do goberno, a residencia real e a maior parte das embaixadas.

Índice

[editar] Historia

Bandeira dos Países Baixos
Bandeira dos Países Baixos


No reinado de Carlos V, Sacro Imperador Romano e rei de España, a rexión era parte das Dezasete Provincias dos Países Baixos, abranxendo a maior parte do que hoxe é Bélxica. A proclamación da independencia (Unión de Utreque, 1579; abdicación da soberanía española, 1581), no reinado de Felipe II, seguiu a guerra de independencia. A sinatura, baixo Filipe IV, do Tratado de Münster pon fin á Guerra dos Oitenta Anos. O imperio español recoñeceu a República Holandesa dos Países Baixos Unidos, gobernados pola casa de Orange-Nassau e os Estados Xerais, que anteriormente foran unha provincia do imperio español. Holanda tornouse así a primeira nación europea en asumir unha forma de goberno republicana.

Aínda que o novo Estado exercese autonomía apenas sobre as provincias do norte, a República das Sete Provincias Unidas dos Países Baixos desenvolveuse e tornouse unha das máis importantes potencias navais e económicas do século XVII. Neste periodo, coñecido coma a súa Idade de Ouro, os Países Baixos estenderon as súas redes comerciais por todo o planeta, establecendo colonias en lugares tan distantes coma Xava e o Nordeste brasileiro.

Eclipsada pola ascensión británica durante o século XVIII, a rexión foi máis tarde incorporada ó imperio francés baixo Napoleón Bonaparte. Mais no Congreso de Viena (1815), constituiuse o Reino dos Países Baixos, incluíndo os actuais Bélxica e Luxemburgo. Aquela conseguiu a súa independencia en 1830; este, que seguía regras sucesorias distintas, seguíu o seu propio camiño logo da morte do rei Guillerme III. Xa no século XIX, os Países Baixos industrializáronse máis lentamente do que o fixeron os países veciños.

Neutral na Primeira Guerra Mundial, o país foi ocupado pola Alemaña nazi en maio de 1940, sendo libertado en 1945. Na posguerra, a economía reergueuse, e o país ingresou en organizacións como o Benelux, a Comunidade Económica Europea e a Organización do Tratado do Atlántico Norte.

Seguindo, en Maastricht, a sinatura do Tratado da Unión Europea, o país foi un dos seus membros fundadores, e adheriuse ó euro en 1999, coas moedas e billetes circulando a partir de 2002.

[editar] Política

Os Países Baixos son unha Monarquía constitucional dende 1815, antes república, de 1581 até 1806 (foi ocupada por Francia entre 1806 e 1815). A Guerra dos Oitenta Anos, entre 1568 e 1648, asegurou a independencia neerlandesa de España.

O xefe de estado é, dende 1980, a Raiña Beatriz de Orange-Nassau, quen nomea formalmente os membros do goberno. Na práctica, unha vez coñecidos os resultados das eleccións parlamentarias, fórmase un goberno de coalición (nun proceso que pode demorar varios meses), tras o que o goberno constituído é oficialmente nomeado pola raíña. O xefe do goberno é o primeiro ministro ou Ministro Presidente, que é tamén, xeralmente, o líder do maior partido da colición.

O parlamento consiste de dúas cámaras. As eleccións para os 150 membros da Cámara Baixa (Tweede Kamer, ou Segunda Cámara) ten lugar de catro en catro anos, ou a intervalos menores en caso de que Cámara Baixa aprobe unha moción de censura contra o goberno. O Senado, menos importante (Eerste Kamer, ou Primeira Cámara) escóllese de catro en catro anos despois das eleccións provinciais, polos membros dos parlamentos provinciais recén-eleitos. En conxunto, as dúas cámaras son coñecidas como os Staten Generaal, ou Estados Xerais.

Os analistas políticos consideran os Países Baixos un clásico exemplo de un estado constitucional.

[editar] Provincias e Dependencias

Mapa dos Países Baixos

Os Países Baixos están divididos en 12 rexións administrativas, chamadas provincies (provincias):

  • Groninga (Groningen) - nordeste, capital Groninga.
  • Frisia (Friesland) - norte, capital Leeuwarden.
  • Drenthe - nordeste, ó sur de Groninga. Capital Assen.
  • Overijssel - leste, ó sur de Drenthe. Capital Zwolle.
  • Flevolandia (Flevoland) - central, nos polder do Ijsselmeer. Capital Lelystad.
  • Gueldria (Gelderland) - centro-leste, ó sur de Overijssel. Capital Arnhem.
  • Utrech - central, capital Utrech.
  • Holanda Setentrional (Noord-Holland) - noroeste, capital Haarlem.
  • Holanda Meridional (Zuid-Holland) - centro-oeste, capital A Haia - Den Haag.
  • Celandia (Zeeland) - sudoeste, capital Midelburgo.
  • Brabante Setentrional (Noord-Brabant) - sur, capital 's-Hertogenbosch.
  • Limburgo (Limburg) - sudeste, proxectándose cara Bélxica. Capital Maastricht.

Todas as provincias están divididas en concellos (gemeenten), en total 489 (483, a partir de 2004); ver Municipios dos Países Baixos e Cidades dos Países Baixos.

Seis illas do Mar do Caribe pertencen ós Países Baixos, na forma das dependencias de Aruba e das Antillas Neerlandesas (Nederlandse Antillen), que agrupan as outras cinco.

[editar] Xeografía

Paisaxe típica holandesa
Paisaxe típica holandesa

Un aspecto notábel do país é o feito de ser extremamente plano. Aproximadamente metade do territorio está a menos de 1 metro sobre o nivel do mar, e boa parte das terras están baixo do nivel do mar. O punto máis alto, Vaalserberg, na fronteira sudeste, localízase a unha altitude de 321 m. Moitas áreas baixas están protexidas por diques e barreiras. Partes dos Países Baixos, inclusive case toda a moderna província de Flevolandia, foron conquistadas ó mar - estas áreas son coñecidas como polder.

O país está dividido en dúas partes principais polos ríos Rhin (Rijn), Waal e Mosa (Maas). Hai moitos dialectos falados ó norte e ó sur deses grandes ríos.

Os ventos predominantes no país son do suroeste, o que causa un clima marítimo moderado, con veráns agradables e invernos suaves.

Ver tamém Parques nacionais (Países Baixos), Obras do Zuiderzee.

[editar] Economía

Os Países Baixos teñen unha economía próspera e aberta na que o goberno reduciu o seu papel dende os anos 1980. Os principais sectores industriais son o procesamento de alimentos, a química e petroquímica e a maquinaria eléctrica. Unha agricultura altamente mecanizada emprega apenas o 4% da forza de traballo fornecendo grandes excedentes para a industria de alimentos e para a exportación; o país é o terceiro maior exportador agrícola mundial en valor, detrás apenas dos Estados Unidos de América e da Francia. Os neerlandeses conseguiron solucionar a cuestión das finanzas públicas e da parada do crecemento do emprego moito antes do seus compañeiros europeos.

Membro fundador do Euro, os Países Baixos substituíron a súa antiga moeda, o florín, o 1 de xaneiro de 1999 cos outros países membros da zona do euro; as moedas e billetes de euro viron a luz o 1 de xaneiro de 2002.

[editar] Demografia

Pirámide da poboación neerlandesa
(en % da poboación total)
% Homes Anos Mulleres %
0.36     85+     1.05
0.60     80-84     1.18
1.14     75-79     1.74
1.55     70-74     1.95
1.93     65-69     2.13
2.30     60-64     2.33
2.77     55-59     2.69
3.73     50-54     3.60
3.65     45-49     3.54
3.93     40-44     3.81
4.27     35-39     4.08
4.25     30-34     4.05
3.63     25-29     3.54
3.04     20-24     2.93
2.96     15-19     2.83
3.11     10-14     2.97
3.20     05-09     3.06
3.11     00-04     2.98
                                                                                             
Dados: Base de Dados Internacional (2000)

Con máis de 450 habitantes por quilómetro cuadrado, os Países Baixos é un dos países máis densamente poboados do mundo. Hai dúas linguas oficiais, ambas as dúas xermánicas, o neerlandés e o frisio; este só se usa na provincia septentrional da Fryslan. Ademais, varios dialectos do baixo-saxón son usados en boa parte do norte, sen recoñecemento oficial.

Nas fronteiras meridionais, os falares teñen variedades baixo-franconianas e alemáns, sendo posíbel que a súa mellor clasificación é, en troques de neerlandés, flamenco ocidental ou alemán.

A maioría da poboación (63% en 1999) non se considera parte de igrexa ningunha. A minoría restante divídese principalmente entre o catolicismo, (18%), máis forte ó sur dos grandes ríos, e o protestantismo, ó norte (15%). A maior parte destes protestantes pertence á Igrexa Reformada Neerlandesa.

Tal vez pola súa guerra de independencia estar intimamente relacionada cos conflictos relixiosos desencadeados pola Reforma, o país ten unha tradición de tolerancia e liberalidade. Mais recentemente, as políticas nacionais sobre drogas recreacionais, prostitución, o matrimonio homosexual e a eutanasia atraen atención internacional; Ámsterdam tende a ser vista como unha cidade onde "se pode facer todo".

Ver tamén Política sobre drogas dos Países Baixos, Casamento homosexual nos Países Baixos.

[editar] Cultura

Os Países Baixos teñen unha gran tradición pictórica. O século XVII, cando a república neerlandesa era próspera, foi a era de mestres como Rembrandt van Rijn, Johannes Vermeer, Jan Steen e moitos outros. Pintores famosos do XIX e XX inclúen a Vincent van Gogh e Piet Mondriaan. Maurits Escher é un coñecido artista gráfico. Un famoso mestre dos Países Baixos é Han van Meegeren.

Na filosofía, o país deu ó Renacemento Erasmo de Roterdam; máis tarde, a tolerancia relixiosa permitiu que os talentos de Baruch de Spinoza e René Descartes florecesen.

Na Idade de Ouro, a literatura neerlandesa tamén floreceu, con Joost van den Vondel e P. C. Hooft como os nomes máis famosos. No século XIX, Multatuli describeu o mal tratamento dos nativos nas colonias neerlandesas. Entre os autores importantes do último século inclúense Harry Mulisch, Jan Wolkers, Simon Vestdijk, Cees Nooteboom, Gerard van het Reve e Willem Frederik Hermans. O Diario de Ana Frank tamén foi escrito nos Paises Baixos.

Ver tamén: Lista de museos#Países Baixos, Deporte nos Países Baixos, Música dos Países Baixos, Lista de neerlandeses

[editar] Festivos

Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Día de Ano Novo Nieuwjaar  
Marzo/Abril Pascua Pasen Nos Países Baixos celébranse dous días de Pascua.
30 de abril Día da Raiña Koninginnedag En orixe, o Koninginnedag era celebrado no aniversario da raíña, cambiando logo para ser conmemorado no aniversario do falecemento da Raiña-nai Xuliana.
4 de maio Lembranza dos mortos Dodenherdenking Este día é adicado á memoria dos mortos durante a Segunda Guerra Mundial.
O significado deste día ampliouse ás persoas mortas en misións das Nacións Unidas.
5 de maio Día da Libertade Bevrijdingsdag Celebración da capitulación alemana na Segunda Guerra Mundial.
40 dias despois da Pascua Día da Ascensión Hemelvaartsdag  
7 semanas despois da Pascua Pentecostés Pinksteren Os neerlandeses celebran dous días de Pentecostés.
5 de decembro Noite de San Nicolás Sinterklaas Precursor do Papa Noel, Sinterklaas da regalos ó críos.
25 de decembro,
26 de decembro
Navidade Kerstmis Os neerlandeses celebran dous días de Navidade:
o primeiro (Eerste Kerstdag) e o segundo (Tweede Kerstdag).

Réplicas de lugares neerlandeses atópanse na Vila Holandesa, en Nagasaki, Xapón. Unha Vila Holandesa semellante está sendo construída en Shenyang, China. No Brasil, batizada en homenaxe a imigrantes neerlandeses no interior do estado de Sao Paulo, existe a cidade de Holambra.

[editar] Ver tamén

[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu