Romanía - România
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional: non ten | |||
Lingua oficial | Romanés | ||
Capital | Bucarest | ||
Presidente | Traian Basescu | ||
Primeiro ministro | Calin Popescu-Tariceanu | ||
Área | 238.391 km² | ||
Poboación (2002) | 21.698.181 | ||
Independencia - Data |
(do Imperio Otomano) 9 de maio de 1877 |
||
Moeda | Leu | ||
Hora | UTC +2 | ||
Himno nacional | Desteapta-te, Române! | ||
ISO-3166 (Internet) | .RO | ||
Código telefónico | 40 |
Romanía (en romanés România) é un país do leste de Europa limitado ó norte e este por Ucraína, ao leste por Moldavia e o Mar Negro, ao sur por Bulgaria e ao oeste por Serbia e Hungría. Romanía tamén posúe unha pequena costa marítima ó Mar Negro.A súa capital é Bucarest.
Índice |
[editar] Nome
O nome Romanía ven de Roma ou do Imperio Romano (Oriental) e enfatiza ás orixes do país como unha provincia do Imperio Romano. Na Antigüidade tardía, o Imperio Romano era frecuentemente chamado de Romanía en latín.
Romanía e Moldova son os únicos países de Europa Oriental con linguas oficiais latinas. O documento máis antigo escrito en rumano é unha carta escrita en 1521 ("Carta de Neacşu desde Câmpulung"), na que se informa a o maior Braşov acerca do inminente ataque dos turcos otomanos. Nela aparece por primeira vez "Rumano" en romanés, en referencia a Valaquia ("Ţeara Rumânească", Terra rumana).
Emprégase Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron as linguas románicas.
[editar] Historia
Artigo principal: Historia da Romanía
Antes da chegada das tropas romanas a actual Romanía estaba habitada pola confederación tribal dos Xetas que sendo descritos por Darío na súa campaña nos Balcáns no 531 a.C..Os dacios foron derrotados polo Imperio Romano durante o goberno do emperador Traxano en dúas campañas que tiveron lugar entre o 101 e 107 a.C.,o centro do reino dos dacios convertiuse na provincia romana da Dacia. As campañas góticas e cárpicas nos Balcáns durante 231 - 275 forzaron ó Imperio Romano a reorganizar unha nova provincia romana da Dacia ó sur do Danubio, facendo que a antiga Dacia se convertise no reino dos godos ata finais do século IV, cando foi incluído no Imperio Huno. Os xépidas e os avaros governaron a Transilvania ata o século VIII, cando os búlgaros incluiron á Romanía no seu imperio ata o ano 1000. Os pechenegas, os cumanos e os uzes tamén foron mencionados por crónicas históricas no territorio da Romanía ata a fundación dos principados valaquios da Valaquia por Basarab, e da Moldova por Dragos durante o século XIV. Durante a Idade Media, os romanos viviron en tres principados distintos: Valaquia, Moldova e Transilvania.
Valaquia e Moldova atopáronse baixo a soberanía do Imperio Otomano nos séculos XV e XVI, respectivamente, con autonomía interna e breves periodos de independencia, Moldova acabou perdendo o seu territorio oriental de Besarabia para o Imperio Ruso en 1812, o seu territorio setentrional de Bucovina para o Imperio Austríaco en 1775 e o seu territorio sudeste de Budxac para o Imperio Otomano.
A Transilvania caeu baixo o control de Hungría no século XII, a partires do 1300, Hungría e a Transilvania convertéranse ó dominio da Casa de Anjou ,de Habsburgo, e do Sacro Imperio Romano-Xermánico),en 1526 convertínronse nun principado baixo a soberanía do Imperio Otomano, trala Batalla de Mohacs, a finais do século XVIII, o Imperio Austríaco (dende 1867), o Imperio Austrohúngaro) incluiu a Transilvania nas súas fronteiras.
A moderna Romanía naceu cando os principados de Moldova e de Valaquia fundíronse en 1859, a independencia foi ratificada polos Grandes Poderes en 1877 e un príncipe da casa alemá dos Hohenzollern recibiu a coroa do reino da Romanía, converténdose no rei Carol I.Trala Primeira Guerra Mundial (na cal Romanía participou aliándose ás potencias da Triple Entente),Romanía viu o seu territorio dobrado en extensión coas adquisicións da Transilvania e a Besarabia debido á desintegración do Imperio Ruso dos Romanov e do Imperio Austrohúngaro dos Habsburgo (Tratado de Trianon). Converténdose na Gran Romanía (România Mare).
Besarabia, Bucovina do Norte e Budxac incorporáronse á Unión Soviética en 1940, comprendendo principalmente a actual República de Moldova con Budxac e Bucovina do Norte sendo designadas á Ucraína. Trala Segunda Guerra Mundial, Romanía convertiuse nun estado comunista baixo o control directo económico e militar da Unión Soviética ata 1958.
O goberno ditatorial do presidente Nicolae Ceauşescu (1965-1989) foi derrubado cunha revolta cruenta e decembro de 1989; parte dos revolucionarios, agora chamados socialdemócratas, continuaron presentes no goberno elexido democraticamente ata 1996, cando Emil Constantinescu foi elexido presidente cunha coalición de centro-dereita. No 2000, os social-democratas retornaron ó poder, con Ion Iliescu. As eleccións do 13 de decembro de 2004 deron a victoria a Traian Basescu, do Partido Demócrata.
[editar] Política
Artigo principal: Política da Romanía
Romanía é unha república democrática. O poder lexislativo do governo romano consiste de dúas cámaras, o Senat (Senado), que posue 137 membros (relativo a 2004), e a Camera Deputaţilor (Cámara dos Deputados), que posue 332 membros (relativo a 2004). Os membros de ámbalas dúas cámaras son escollidos en eleizóns realizadas a cada catro anos.
O presidente, xefe do poder executivo, tamén é eleito polo voto popular, a cada cinco anos (ata 2004 - catro anos). O presidente nomea um primeiro-ministro, que dirixe o governo, cuxos membros son á súa vez nomeados polo primeiro-ministro. O governo está suxeito a um voto parlamentario de aprovación.
[editar] Provincias
Artigo Principal: Provincias de Romanía
Romanía está dividida en 41 judeţe, ou condados, e o municipio de Bucarest (Bucureşti) - a capital.
Os condados son (na orde alfabética):
|
|
[editar] Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Romanía
Unha grande parte das fronteiras da Rumanía coa Serbia e Bulgaria seguen o curso do Danubio. No Danubio vai desaguar o río Prut, que serve de fronteira coa Moldova.
Os montes Cárpatos dominan a parte ocidental da Rumanía, con picos de ata 2 500 m. O máis elevado, o Moldoveanu, atinge os 2 544 m.
As principais cidades son a capital, Bucarés, Braşov, Timişoara, Cluj-Napoca, Constanţa, Craiova, e Iaşi (Jassy).
Vexa tamén:
- Lista de cidades romanesas
- Ríos da Romanía
- Lagos da Romanía
- Rexións da Romanía
[editar] Economía
Vexa: Economía da Romanía
Tralo do colapso da Unión Soviética en 1989, a Romanía foi deixada cunha base industrial obsoleta e un padrón de capacidade industrial totalmente inadecuado ás súas necesidades.
En febreiro de 1997, a Romanía iniciou un abranguinte programa de reforma estrutural e estabilización macroeconómica. Os programas de reestruturación inclúen liquidar grandes industrias de enerxía intensiva e reformas importantes nos setores financeiro e agrícola.
Os anos 2002 e 2003 foron economicamente exitosos para a economía Romanesa, e actualmente o crecemento do PIB prevese do 4.5% por ano. A economía creceu un 6.6% na primeira metade do 2004, e un 7.0% (ano sobre ano) no segundo trimestre do 2004, marcando a maior taxa de crecemento na rexión. O salario bruto medio por mes na Romanía é de 8.392.766 lei, (datos de outubro de 2004), un aumento de 2.1% sobre o mes anterior. Iso equivale a US$283.54, 213.60 Euros e 360.21 dólares australianos. O salario líquido medio por mes en xaneiro do 2004 era de 6.071.211 lei.
O crecemento do PIB foi dun 8% en 2004 e entre 6-7% no 2005.
O desemprego na Romanía é do 6.2% (2004), valor que é moi baixo comparado con outros países europeos.
Romanía foi convidada pola Unión Europea en decembro de 1999 a iniciar as negociacións de entrada, uníndose o 1 de xaneiro de 2007, xunto con Bulgaria.
[editar] Demografía
Composición étnica de Romanía | ||||
---|---|---|---|---|
romaneses | 89.5% | |||
húngaros | 6.6% | |||
xitanos | 2.5% | |||
alemáns | 0.5% | |||
outros | 1.5% | |||
Artigo principal: Demografía da Romanía
A poboación de Romanía acadou os 22,4 millóns de habitantes no 2005. A súa composición étnica consta dunha maioría de orixe romano (89.5%), que convive cunha importante colectividade de húngaros (6.6%), concentrados sobre todo na rexión de Transilvania, e unha segunda minoría de xitanos (2.5%). Ademáis, existen outros grupos étnicos menos numerosos: alemáns (0,5%), xudeus e eslavos (búlgaros, ucranínos e serbios, principalmente).
O crecimiento da poboación durante o periodo 1995-2000 foi negativo (-0,4% anual). A poboación concéntrase nas rexións máis industrializadas das terras baixas. Só un 55.2% dos romanos vive nas cidades, o que representa unha das proporcións máis baixas de Europa, só superada por varios dos seus veciños balcánicos e Moldova. Máis do 70% da poboción adscríbese á Igrexa ortodoxa romana, que é independiente da ortodoxa do leste. Tamén hai aproximadamente un 5% de católicos, especialmente entre as minorías húngara e alemá de Transilvania. Os xudeus concéntranse en Bucarest, a capital.
[editar] Cultura
Artigo principal: Cultura da Romanía
Vexa tamén:
- Lista de romaneses
- Poetas romaneses
- Música da Romanía
- Literatura da Romanía
- Arte da Romanía
- Tradiccións natais na Romanía
- Turismo na Romanía
[editar] Tópicos variados
- Comunicacións na Romanía
- Transporte na Romanía
- Forzas militares na Romanía
- Relacións extranxeiras da Romanía
- Lista de tópicos relacionados coa Romanía
- Feriados na Romanía
- Lista de parques nacionais da Romanía
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
[editar] Ligazóns oficiais
- Site oficial do Governo Romanés
- Presidencia da Romanía
- O Senado Romanés
- Camera Deputaţilor (Parlamento Baixo)
- Ministerio de Turismo
[editar] Ligazóns de Referencia
- A Biblioteca Dixital Romana / en romanés
[editar] Guieiros de Viaxes
- O Espírito da Romanía - diarios de viaxe, fotografías, contos
- Guía de viaxes da Romana na Wikitravel
[editar] Moeda
- Notas bancarias da Romanía
- Taxas de troco - do Banco Nacional da Romanía
Rexións históricas da Romanía | ||
---|---|---|
Dobruxa | Moldova (Besarabia - Budxac - Bucovina - Herta) | Transilvania (Banato - Crisana - Maramureş) | Valaquia (Muntenia - Oltenia) |
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |