Bélxica - België
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Bélxica. En francés: Belgique. En portugués: Bélgica. En castelán: Bélgica. En inglés: Belgium
|
|||
Lema: L'union fait la force (Francés) |
|||
Linguas oficiais | Neerlandés, Francés, Alemán | ||
Capital | Bruxelas | ||
Rei | Alberte II | ||
Primeiro ministro | Guy Verhofstadt | ||
Área - Total |
136º maior 30,510 km² |
||
Poboación - Total (2002) |
77º máis poboado 10,309,725 |
||
Independencia - Declarada |
dos Países Baixos |
||
Moeda | Euro¹, moedas de euro belgas | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Hino nacional | La Brabançonne | ||
TLD (Internet) | .BE | ||
Código telefónico | 32 | ||
(1) Antes de 1999: Franco Belga |
Bélxica é un país da Europa Occidental pertencente á Unión Europea e á OTAN, ou sexa - Organización do Tratado do Atlántico Norte). A capital é Bruxelas. Está limitada ao norte polo Mar do Norte e polos Países Baixos, ao este pola Alemaña e polo Luxemburgo e ao sur e oeste pola Francia.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia de Bélxica
Diversas Nacións e culturas ocuparon o lugar que hoxe recibe o nome de Bélxica , dende celtas e romanos ata franceses e neerlandeses. A orixe do seu nome provén dos seus primeiros habitantes (os belgas) a quen Xulio César xa fai referencia no encontro das súas campañas na Galia.
O territorio Belga formou parte de Primeiro Imperio Francés.Tra-lo colapso de Imperio Romano os francos tomaron posesión do territorio e co paso de tempo a rexión pasou a ser unha parte dos Países Baixos ata a súa guerra de independencia A Bélxica independente remonta a 1830, cando a rexión foi desmembrada do Reino dos Países Baixos, na secuencia do Congreso de Viena. Antes das guerras napoleónicas, a rexión consistía nos Países Baixos Españois. Despois dun pequeno arbitraxe internacional para que non fose parte de Francia, O Reino Unido propuxo que o novo país fose encabezado por unha casa real dun terceiro país, neste caso deixandolle o honor ó Duque Leopoldo de Saxonia-Coburgo-Gotha de Alemaña, quen se convertiría no Rei Leopoldo I de Bélxica , que foi sucedido polo seu fillo Leopoldo II de Bélxica, quen trala colonización do Congo, convertiu á Bélxica nunha portencia imperialista.
A República Popular do Congo (ex-Zaire) foi colonia belga durante os séculos XIX e XX, tendo proclamado a súa independencia no 1960.
No século XX aínda que se declarara neutral foi invadida durante as dúas guerras mundiais, tralo cal desistiu da súa política exterior pacifista e decidiu unirse á OTAN. Bélxica foi un dos 6 fundadores da Unión Europea, (UE) en 1957.
[editar] Política
Artigo principal: Política de Bélxica
Bélxica é unha monarquía constitucional popular e unha democracia parlamentaria que se desenvoleu depois da Segunda Guerra Mundial dun estado unitario a unha federación. A bicámara do parlamente está composta polo Senado e a Cámara dos Representativos. A actual camara é unha mezcla dos políticos e representantes das comunidades e rexións ; mentras os restantes son representantes maiores de idade da poboación Belga nun sistema de voto proporcionalis. Bélxica e un dos pocos países no que o voto é obrigatorio , tendo así unha das participacións máis altas do mundo.
O goberno federal , está dominado polo Rei sobre a Cáma dos Representativos , e polo Primeiro Ministro. O número de ministros de fala Holandesa e Francesa debe ser igual Segundo di a constitución Belga. O Rei ou Raíña é a cabeza do estado , aínda que os seus poderes son limitados. O actual poder o ten o Primeiro ministro e os distintos gobernos do pais. O sistema xudicial está baseado na lei civil que proven do Código Napoleónico.
As institución políticas Belgas son moi complexas ; a maior parte do poder está organizado ó redor da necesidade de representar as comunidades lingúísticas máis importantes. Dende 1970, os partidos políticos Belgas máis romperon tratando de satisface-las necesidades das distintas comunidades lingüísticas. Os partidos máis importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias políticas os Liberais de dereita, os Demócrata-Cristiáns de centro, e os Social-Demócratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente en Flandes , os Nacionalistas de extrema dereita. A política está influenciada polos grupos de ¨Lobby¨, coma as unións de comercio e negocios da Federación Belga.
O actual Rei Alberto II , sucedeu ó Rei Balduíno en 1993. Dende 1999, O Primeiro Ministro Guy Verhofstadt do VLD liderou seis coalicións Liberal-Social Democrata –Verdes , coñecido coma ¨O goberno do Arco da Bella¨. Este doi o primeiro goberno sen os Cristián-Democratas dende 1958. Nas eleccións do 2003 , Verhofstadt na segunda volta. En anos recentes creceu moito o partido nacionalista flamenglo , separatista de extrema dereita , coñecido como Vlaams Blok, acusado de partido racista.
[editar] Subdivisións
Artigo principal: Subdivisións de Bélxica
Bélxica está subdividida en dúas rexións con cinco provincias cada unha, e unha terceira rexión, a capital Bruxelas. Aquí atópanse, listadas por rexión, coas súas capitais:
- Rexión de Flandes:
- Rexión da Valonia
- Brabante Valón (Brabant Wallon en francés, Waals-Brabant en neerlandés) - Wavre
- Hainaut (Henegouwen en neerlandés) - Mons
- Liexa (Liège en francés,Luik en neerlandés) - Liexa
- Luxemburgo (Luxembourg, Luxemburg) - Arlon
- Namur (Namen) - Namur
Ademais diso, hai aínda a división en comunidades linguísticas (flamenga, con institucións coincidentes coas da rexión flamenga; francófona, non se debe confundir coa Valonia, e xermanófona, no extremo este desa rexión).
[editar] Xeografía
Artigo principal: Xeografía de Bélxica
Bélxica ten unha área de 30 510 km², distribuídos por tres rexións físicas principais: a planicie costeira (localizada a noroeste), o planalto central e as elevacións das Ardenas (situadas a sueste).
A planicie costeira consiste principalmente de dunas de area e polders. Os polders son áreas de terra a unha altitude próxima de ou inferior ao nivel do mar, e que foran gañadas ao mar, do cal están protexidas por diques ou están, máis lonxe do litoral, campos drenados por medio de canais.
A segunda rexión física, o planalto central, fica máis no interior. É unha área pouco accidentada, cuxa altitude sobe lentamente á medida que se afasta do litoral, con moitos vales férteis e irrigada por moitos cursos de auga. Tamén se pode atopar aquí algún terreo máis accidentado, incluindo grutas e pequenas gargantas.
A terceira rexión física, as Ardenas, é un pouco máis accidentada que as outras dúas. Trátase de um planalto densamente florestado, moi rochoso e non moi adecuado para a agricultura, que se estende ata ao nordeste da Francia. É aquí onde a maior parte da vida selvaxe da Bélxica pode ser atopada. É nas Ardenas onde se pode atopar o ponto máis elevado da Bélxica: o Signal de Botrange, con apenas 694 metros de altura.
Os dous ríos principais da Bélxica son o Schelde (Escalda) e o Meuse (Mosa). Estes dous ríos foran fundamentais para tornar prósperas cidades como Tournai, Gante, Antuerpen, Bruxas, Liexa e Namur.
O clima é fresco, temperado e chuvoso: as temperaturas medias de verán son de 25 ºC e de inverno de 7 ºC. Os extremos anuais (atinxidos raramente) son de -12 ºC e 32 ºC.
[editar] Economía
Artigo principal: Economía de Bélxica
Bélxica é un país do primeiro mundo. Forma parte da Unión Europea (UE) e máis da zona euro dende o ano 2002.
[editar] A economía Belga a finais do ano 1945
Cando a Segunda Guerra Mundial acabou, as economías da meirande parte de Europa esnaquizáronse : a guerra trouxera a fame e a pobreza a case tódolos países europeos incluída Bélxica.
Aínda así en pouco máis de 10 ou 15 anos Bélxica e gran parte de Europa resucitaron grazas ás axudas do plan Marshall.
Hoxe en día, os belgas cobran cada ano (de media) máis de $ 25.000, e constitúen a 6 sociedade có maior nivel de Benestar dacordo cóÍndice de Desenvolvemento Humano ("IDH").
[editar] Demografía
Artigo principal: Demografía de Bélxica
A densidade de poboación (342 por km² ) da Bélxica é unha das máis grandes de Europa despois da dos Paises Baixos e a de países pequenos coma Mónaco. As zonas con maior densidade de poboación están a redor das aglomeracións de Bruxelas-Amberes-Ghent-Leuven, tamén coñecida polo Diamante Flamenco, tamén hai outras zonas importantes coma Liexa, Charleroi, Kortrijk, Bruxas, Hasselt e Namur. No ano 2005 , a rexión Flamenca tiña unha población de 6.043.161, a rexión Valona 3,395,942 e Bruxelas 1.006.749 Case toda a población é urbá (97.3% en 1999[18]).
As cidades máis importantes e as súas poboacións son Bruxelas (1,006,749), Antuerpen (457,749), Ghent (230,951), Charleroi (201,373), e Liexa (185,574).[17] Ó redor de 60% da poboación fala holandés , 39 % fala Francés é o 1% fala Alemán. Bruxelas , cun 8% da poboación de pais e bilingüe (Francés-holandés). Cando Bélxica gañou a independencia en 1830 Bruxelas a lingua maioritaria era o Holandés. Actualmente o 85% da súa poboación fala Francés.
O Holandés e o Francés falados en Belxica non teñen practicamente diferenzas cos falados en Holanda e Francia. Falanse tamén algúns dialectos destas linguas pero son falados maioritariamente pola xente maior. Estes dialectos xunto co Picard ou Limburgés,[19] non son usados na vida pública. A constitución Laica garantiza a liberdade de relixión , é o goberno xeralmente respecta as prácticas das distintas relixións. Segundo a 2001 Survey and Study of Religion,[20] o 47% dos Belgas considéranse Católicos , os musulmáns son o segundo maior grupo co , 3.5% (ver Relixión en Bélxica).
[editar] Cultura
Artigo principal: Cultura de Bélxica
Bélxica ten unha cultura moi rica. museos, legados históricos e arte. Unha vez por ano ten un concurso de música chamado "Koningin Elisabeth Wedstrijd". Todo o ano escóllese un tipo de instrumento clásico.
Durante o verán, ten moitos festivais. Os máis coñecidos son: Werchter, Sfinks, Dour e Pukkelpop. Principalmente os xoves van para pular nas músicas das bandas famosas nacionais e internacionais, existen festivais para adultos, alternativo, con música do mundo enteiro, e outros.
E un diferencial é a cervexa belga, existen máis de 450 tipos de cervexa. As cervexas 'trapist' só existen na Bélxica, hai tamén cervexa feita de cereixa.
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
06/12 | Día dos Fillos | Sinterklaas |
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazón externas
- Portal do Servizo Público Federal (en francés, neerlandés, alemán e inglés).
- Mapa de Bruxelas
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
---|---|
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |
Categorías: Países | Bélxica | Xeografía