Xapón - 日本
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O Xapón (en xaponés, Nippon ou Nihon), é un país do Extremo Oriente, formado por un arquipélago, situado ao largo da costa leste da Asia, enteiramente dentro da zona temperada. A súa área territorial é de 377.815 km², e a densidade média da poboación (aproximadamente 328 hab./km²) faise mais impresionante cando se sabe que mais do 70% da superficie do país constitúena montañas inhabitabeis.
|
||||
Lema: Ningún | ||||
Lingua oficial | xaponés | |||
Capital | Toquio | |||
Maior cidade | Toquio | |||
Emperador | Akihito | |||
Primeiro ministro | Junichiro Koizumi | |||
Área - Total - % auga |
60º 377,835 km² 0.8% |
|||
Poboación
|
10º
|
|||
PIB (base PPP) |
3º
|
|||
Moeda | Yen | |||
Fuso horario | UTC +9 | |||
Himno nacional | Kimi Ga Yo | |||
TLD (Internet) | .JP | |||
Código telefónico | 81 |
Comprende as catro grandes illas de Honshu ou Hondo, Shikoku, Kyushu e Hokkaido, alén de mais de tres mil illas menores nas adxacencias, localizadas entre o Mar de Okhotsk a norte, o Océano Pacífico a oeste e ao sur e o Mar da China Oriental e o Mar do Xapón a oeste. A través do Mar do Xapón e do Mar de Okhotsk, contacta con Rusia, o Estreito da Corea, ao sudoeste, lígaa á Corea do Sur, e no extremo sur das illas Ryukyu achegase a Taiwan. A sua poboación, estimada en xullo de 2003, era da orde de 127 millóns de habitantes. A capital, Toquio, é a maior concentración urbana do mundo.
Índice |
[editar] Historia
Artigo principal: Historia do Xapón
[editar] Política
Artigo principal: Política do Xapón
[editar] Subdivisóns
Artigo principal: Subdivisóns do Xapón
As 47 provincias (Prefecturas) do Xapón son as seguintes:
|
|
- Observación: En xaponés úsanse as seguintes palabras para designar as 47 Prefectura s do país: to (metrópole), dō (territorio), fu (Prefectura urbana), e ken (outras Prefecturas ou departamentos). Así, Xapón está formado por 47 to-dō-fu-ken.
[editar] Xeografía
Artigo principal: Xeografía do Xapón
O Xapón é un país insular que se estende ao longo da costa leste, ou Pacífica, da Asia. As illas principais, de norte a sur, són: Hokkaido, Honshu (ou Hondo), Shikoku e Kyushu. Alén destas illas maiores, o Xapón inclue numerosas illas mais pequenas, preto de 3 000, parte das cais constituen as illas Ryukyu, que se estenden ao sudoeste de Kyushu ata preto de Taiwan. Nas illas Ryukyu tamén fica Yonaguni, a illa máis occidental do Xapón.
Arredor do 73% do país é montañoso, cunha cordilleira a ocupar o centro de cada unha das illas principais. A montaña mais alta do Xapón é o famoso monte Fuji, con 3 776 m de altitude.
[editar] Economía
Artigo principal: Economía do Xapón
As principais actividades económicas do Xapón concéntranse nas illas de Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kiushu. Para acurtar a distancia entre as illas, os enxeñeiros xaponeseses construíron dous túneles e unha ponte entre Honshu e Kiushu. Entre Honshu e Shikoku estanse construíndo dúas grandes pontes; un inmenso túnel de 54 km liga Honshu e Hokkaido.
Cerca do 80% do territorio xaponés presenta un relevo montañoso. As montañas das illas Honshu, Shikoku e Kiushu exhiben unha vasta vexetación tropical. A illa de Hokkaido está coberta pola taiga. Esas condicións permitiron unha intensa utilización da madeira, inclusive para a construción de embarcacións.
Aínda tendo un releve maiormente montañoso, o cultivo tradicional é o arroz (rizicultura). mais hai moito que o pais se adica tamén á pesca, explorada simultaneamente por pequenas e grandes empresas. Atópanse pequenos portos pesqueiros por toda a sua área costeira, principalmente no litoral do Océano Pacífico, que tén as augas mais ricas en peixe.
Ata a metade do século XIX, a rizicultura foi a principal actividade económica do Xapón. Iso mostra o espírito traballador do pobo xaponés que, ao longo da historia, precisou conquistar un meio natural particulamente inhóspito para as actividades agrícolas: apenas o 16% do território xaponés son planicies.
A rizicultura transformou a chaira de Kanto na zona mais densamente poboada do pais. Iso garantiu un mercado consumidor para a industria que se estabeleceu na era Meiji.
A ocorrencia de catro estacións do ano nitidamente marcadas proveen a calor e humidade que o cultivo do arroz exixe. O emprego de irrigación constante favorece o seu desenvolvemento.
Mesmo despois de terse transformado nun dos países mais industrializados do mundo, o Xapón mantivo a agricultura como unha das suas actividades estratéxicas. Mais os intereses industriais e urbanos medraron nas áreas que foran tradicionalmente ocupada por labouras. A diminuición da área cultivada ven sendo compensada polo constante aumento da productividade, gracias á aplicación de técnicas avanzadas e de novos instrumentos. Hoxe en día, a actividade agricola xaponesa ten unha importancia mais histórica e cultural, pois é posible importar os outros produtos a prezos ben mais baixos. Un dos focos de conflictos diplomáticos no Xapón é a sua política proteccionista.
[editar] Demografia
Artigo principal: Demografia do Xapón
[editar] Cultura
Artigo principal: Cultura do Xapón
Data | Nome en galego | Nome local |
---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | 元旦 Gantan |
Segundo luns de xaneiro (ata 1999, 15 de xaneiro) |
Día da maioría de idade | 成人の日 Seijin non hi |
11 de febreiro | Día da Fundación Nacional |
建国記念日 Kenkoku kinenbi |
20 de marzo | Día do equinoccio de primavera |
春分の日 Shunbun non hi |
29 de abril | Día do verdor | みどりの日 Midori non hi |
3 de maio | Día da Constitución | 憲法記念日 Kenpō kinenbi |
5 de maio | Día dos nenos | 子供の日 Kodomo non hi |
Terceiro luns de xullo | Día do mar | 海の日 Umi non hi |
Terceiro luns de setembro (ata 1999, 15 de setembro) |
Día do respeito aos anciáns |
敬老の日 Keirō non hi |
Arredor do 23 de marzo | Día do equinoccio de outono |
秋分の日 Shūbun non hi |
Segundo luns de outubro (ata 1999, 10 de outubro) |
Día do deporte | 体育の日 Taiiku non hi |
3 de novembro | Día da cultura | 文化の日 Bunka non hi |
23 de novembro | Día de gracias | 勤労感謝の日 Kinrō kansha non hi |
23 de decembro | Aniversario do emperador Akihito |
天皇誕生日 Tennō tanjōbi |
A cultura xaponesa foi historicamente influenciada maiormente pola cultura chinesa (grandemente a través do budismo) e, a través dela, polas culturas clásicas grega e indiana, así como pola perta cultura da Corea. No último século, a cultura xaponesa tivo unha influencia principal da Europa e da América, especialmente da cultura anglo-saxona. O Xapón xerou un complexo único de artes (ikebana, origami, ukiyo-e), técnicas artesanais (bonecas, obxectos lacados, ceramica), espectáculo (danza, kabuki, teatro noh, raku-go), e tradicións (xogos, onsen, sento, cerimónia do té), alén dunha culinária única.
O Xapón actual é un dos maiores exportadores do mundo de cultura popular. Os debuxos animados, filmes, literatura e música xaponeses acadaron popularidade en todo o mundo, e especialmente nos outros países asiáticos. Incluso a relixión zen está a ser exportada ao Occidente con relativo éxito.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Hanami Web - Inside Japan
- Japan - A Huge Directory of Japan in English
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |